Talleres
Infantil
De 9 a 12 anos
29/06/2017
Xa rematou
Dende o 22/06/2017 ata o 29/06/2017
De 19.00 a 20.00 horas
Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña
binfantil@coruna.es 981 184 388
Alguén roubou un valioso manuscrito na biblioteca! Afortunadamente temos restos biolóxicos para descubrir a persoa culpable.
No taller de biotecnoloxía resolveremos o caso paso a paso, co material máis á man que teñamos, o de cociña de toda a vida!
Parécevos ficción? A través do Programa Ler Conta Moito, Manuel Vicente, director do programa da TVG Efervescencia, demostraranos como a biotecnoloxía o fai posible. Teremos que extraer ADN das mostras e mercalo cos sospeitosos ata dar co culpable.
Apetéceche participar no noso propio CSI? Pois apúntate e ven investigar connosco!
Queres saber ...
En que consisten os obradoiros?
Actividades participativas onde pequenos/as e persoas adultas coñecerán e descubrirán algo novo.
Con periodicidade variable organizamos obradoiros coa finalidade de fomentar a creación artística ou dar a coñecer costumes, tradicións ou tendencias a través da participación de nenos/as e persoas adultas.
Máis informaciónPrazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible