Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

O cuarto propio: club de lecturas feministas

Por tipo de actividade:

Clubs

Por tipo de público:

Persoas adultas, Xuvenil

A quen vai dirixido?:

Público xuvenil e adulto

Cando:

07/11/2019

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 21/10/2019 ata o 07/11/2019

Require inscrición

Horario:

19.30h

Enderezo:

Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña

Contacto:

bagora@coruna.es

981189886

O cuarto propio é o nome do club de lectura feminista da Rede de bibliotecas. Encontros mensuais arredor do libro e a lectura para cambiarmos o mundo.

Poñemos en marcha un novo club de lectura, que leva o nome de "O cuarto propio".

Moi vinculado ao centro de interese "Xénero e feminismos" e ao club de lectura LGTB QUEERuña, o club feminista reunirá mensualmente a 20 persoas arredor dos libros e a lectura.

Os encontros, que serán o primeiro xoves de cada mes, serán de carácter dinámico e variado xa que a elección dos temas a debater, sempre a partir dos libros, será rotativa e correrá a cargo das persoas asistentes coa axuda dunha persoa coordinadora.

Queres saber ...

  • O cuarto propio: lecturas feministas

    En que consiste O cuarto propio?

    O cuarto propio é o club de lectura feminista da Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña, que vén completar o amplo catálogo de accións de promoción da lectura e da igualdade e diversidade que ofrecemos, como o centro de interese Xénero e feminismos ou o club de lectura LGTB QUEERuña.

    Nos encontros, de periodicidade mensual, comentaremos e valoraremos grupalmente os libros que a biblioteca facilitará de forma gratuíta. Servirán de ferramenta de aprendizaxe colectiva para a necesaria transformación social a través da reflexión sobre as novas formas de familia, o feminismo, a importancia dos coidados ou, entre outras cousas, as mulleres que cambiaron o mundo.

    Pretendemos que as citas sexan dinámicas e variadas e, por iso, a elección dos temas para debater nas sesións será rotativa, aínda que contaremos coa axuda dunha persoa coordinadora.

    Máis información

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión