Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

BiblioTECH. Obradoiro de programación de videoxogos

Por tipo de actividade:

Cursos e formación, Talleres

Por tipo de público:

Xuvenil, Infantil, Persoas adultas, Familias

Cando:

Dende o 25/03/2024 ata o 27/03/2024

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 18/03/2024 ata o 25/03/2024

Require inscrición.

Horario:

Das 10.00 ás 13.00 h

Enderezo:

Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña

Requisitos:

A partir dos 8 anos

Hashtag:

#biblioTECH

Contacto:

bduranloriga@coruna.gal

Tel.: 981 184 388

Campamento tecnolóxico de Semana Santa na Biblioteca Durán Loriga!!!

A Biblioteca Durán Loriga  presenta o seu BiblioTECH que este ano comeza co campamento tecnolóxico de Semanta Santa, no que a programación de videoxogos será a protagonista.

Queredes probar a crear o voso propio videoxogo? Neste taller comezaremos coa programación, a nivel iniciación, vendo todo o proceso de creación dun videoxogo, dende o seu concepto inicial (no que se pensa o que se quere conseguir) ata a programación informática básica.

Seguro que para todas as idades hai un videoxogo en mente. Apuntádevos e aquí vos esperamos!

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión