Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

BiblioTECH. Obradoiro de RV e RA

Cando:

Dende o 06/04/2024 ás 11:00 ata o 27/04/2024 ás 13:00 , os sábados

Realizarase os sábados 6, 13, 20, e 27 de abril.

Inscricións:

Dende o 01/04/2024 ata o 06/04/2024

Require inscrición.

Horario:

Das 11.00 ás 13.00 h

Enderezo:

Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña

Requisitos:

A partir dos 8 anos

Hashtag:

#biblioTECH

Contacto:

bduranloriga@coruna.gal

Tel.: 981 184 388

Xogamos coa realidade nun mundo tecnolóxico!

Dentro do programa BiblioTECH contamos con este novo obradoiro no que aprenderemos a utilizar as tecnoloxías da Realidade Aumentada (RA) e Realidade Virtual (RV) para visualizar un mundo novo e escenarios virtuais creados cos que experimentar novas situacións e sensacións. Experimentaremos con distintos dispositivos de RA e RV de forma totalmente personalizable.

Queredes probar onde están os límites da realidade? Este é o voso taller!

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión