Concello da Coruña

Concello da Coruña

Vida cotiá

O día a día descrito polos foráneos

A maior parte da información sobre o día a día ofrecérona, en primeiro lugar, os autores clásicos que escribiron sobre o pasado das sociedades "bárbaras" alén dos límites do imperio. Esta información permite que teñamos datos sobre cuestións que, desgraciadamente, a arqueoloxía non sempre pode contestar, pero sempre debemos ser cautos sobre a orixe e finalidade destas referencias: os autores clásicos son fillos do seu contexto, e a forma de observar e representar a vida doutras sociedades está cargado de negatividade e etnocentrismo, pois o modo de vida dos bárbaros era considerado inferior e indesexable.

Hoxe en día, os datos das fontes clásicas poden ser contrastados coa arqueoloxía en determinados campos, polo que é posible expor algúns aspectos sobre a vida diaria nun castro. O hábitat doméstico centrábase en vivendas, no caso de Elviña, pétreas, nas que non existían os vans e que contaban coa porta como a única fonte de iluminación natural. No interior, contaban cunha ou varias lareiras, normalmente, no centro da vivenda.

A alimentación tiña como base o uso da fariña de trigo, millo e cebada, complementado por froitas, leguminosas, hortalizas e carne (de gando vacún, porcino...), peixe e moluscos e produtos colleitados como as landras. As bebidas eran a auga, o leite e o zythos (unha bebida alcohólica semellante á cervexa), complementada ocasionalmente co viño, consumido en ocasións especiais.

Para outros costumes, podemos achegar como base os escritos de autores clásicos como Estrabón, aínda que debemos ser conscientes dos condicionantes despectivos previamente descritos:

"Todos os habitantes da montaña levan unha vida sinxela, beben auga, dormen no chan e levan o pelo longo coma as mulleres. Mais no combate cinguen na fronte unha cinta. (...) E practican pelexas ximnásticas, hoplíticas e hípicas para o puxilato, a carreira, o lanzamento de dardos e o combate. (...) Están escasos de viño e o que conseguen gástano rapidamente en festín coas familias. No lugar de aceite empregan manteiga. Toman as súas comidas sentados, en bancos construídos ao redor das paredes, situándose segundo a idade e a dignidade; a comida vaise pasando en roda. Mentres beben bailan en círculo ao son da frauta e a corneta e tamén saltando e axeonllándose. (...) Todos van vestidos de negro, a maioría con sacos, cos que dormen en leitos de palla. Usan vasos de madeira coma os celtas. As mulleres levan vestidos e saias con adornos florais. Os máis afastados, en lugar de moedas, fan cambios de especies ou dan anacos de prata. Aos condenados a morte guíndanos por un barranco e aos parricidas lapídanos fóra das rexións ou das cidades. casan coma os gregos. Os enfermos, como os exipcios na antigüidade, son colocados nos camiños para ser curados polos que sufriron unha doenza semellante. Usaban barcos de coiro antes de Bruto, por mor das crecidas e baixadas das mareas, pero agora, mesmo os barcos feitos dun tronco de árbore, son raros."


Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xuño - 30 de setembro)

Sábados e domingos ás 12.00 h

Horario de inverno

(1 de outubro - 31 de maio)

Domingos ás 12.00 h

Contacto

RESERVA PREVIA no teléfono do Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais: 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión