Taller que ten por obxecto promover unha reflexión e actitude crítica que contribúa á toma de decisións saudables respecto ao consumo de sustancias en xeral e do consumo de alcol e cannabis en particular.
Taller que ten como obxectivo previr no alumnado o uso inadecuado dos videoxogos e a toma de conciencia sobre as vantaxes e inconvenientes e o establecemento de estratexias sobre o seu uso.
Programa de educación ambiental dirixido a coñecer os distintos tipos de animais da nosa cidade e fomentar unha tenencia responsable dos animais domésticos.
Este taller ten como obxectivo promover a toma de conciencia por parte dos participantes dos riscos asociados ao uso da internet e facilitar habilidades para moverse neste novo "habitat" con seguridade.
Programa de educación ambiental que busca concienciar sobre a importancia da auga, promover o seu uso responsable e dar a coñecer o percorrido que segue na cidade desde a súa captación ata a súa devolución ao medio natural.
Ten como obxectivo facilitar a información necesaria para unha alimentación correcta e saudable, concienciando ao alumnado de que un consumo responsable terá un impacto positivo na nosa saúde.
O Departamento de Mocidade do Concello da Coruña, a través dos Espazos Municipais de Información Xuvenil, sitúan, en centros públicos e tamén en centros concertados con ESO e bacharelato da cidade, unha rede de pequenas sucursais informativas durante o curso escolar.
O programa "Arte e Cultura no Centro" ofrece unha experiencia educativa que complementa a xornada escolar de nenos e nenas, promovendo o seu desenvolvemento integral e a creatividade a través dun amplo abanico de actividades artísticas e culturais (expresión corporal, artes plásticas, teatro, experimentación científica e maxia, lóxica matemática, novas tecnoloxías ou lingua de signos) nunha contorna lúdica e participativa.
Organízase a través de OBRADOIROS "".
Taller que promove o pensamento crítico, a influencia das ideas preconcibidas nas condutas e a comprensión da manipulación mediática a través de Internet e outros medios.
STOP Accidentes desenvolve un modelo de intervención socioeducativa dirixido á poboación nova, co obxectivo de fomentar unha mobilidade segura, autónoma e sustentable. A través de metodoloxías dinámicas axustadas a cada colectivo, buscamos promover actitudes responsables como peóns, ciclistas, pasaxeiros ou condutores en formación, aliñando a intervención cos principios da educación para a cidadanía e a sustentabilidade.
O noso enfoque adáptase aos distintos tramos de idade e momentos evolutivos, traballando de forma activa e participativa valores de convivencia, corresponsabilidade e prevención nos desprazamentos cotiáns, tanto en contornas urbanas como interurbanos.
Programa mediante o cal ao alumnado de 4.º da ESO empadroado no Concello da Coruña ofréceselle a oportunidade de cursar o Grao 11 (equivalente a 1.º de Bacharelato) en Canadá.
Este proyecto amigable y participativo forma parte de las estrategias conjuntas del Ayuntamiento de A Coruña y STOP Accidentes para promover una movilidad sostenible y segura. Su objetivo principal es convertir al peatón, especialmente a los niños y niñas que cursan educación infantil y primaria, en los verdaderos protagonistas de la seguridad vial, fomentando desde edades tempranas hábitos de desplazamiento responsables, autónomos y respetuosos con el entorno.
A través de actividades adaptadas a las capacidades y necesidades de la infancia, se pretende sensibilizar sobre la importancia de la prevención vial, favorecer la autonomía en el camino escolar y contribuir a la construcción de entornos urbanos más seguros y sostenibles.
A Federación Provincial de ANPAS, en convenio co Concello da Coruña, e co fin de dar resposta ás necesidades de conciliación das familias nos períodos vacacionais (a partir da última semana de xuño e durante o mes de xullo), leva a cabo o programa Campacoles, que se desenvolve como campamentos urbanos con servizo de madrugadores e comedor.
O programa "Chorus" céntrase no ensino de técnicas de canto coral, que axudan a desenvolver os coñecementos musicais e outras capacidades, como o traballo en equipo, a capacidade de escoita, a comunicación ou a integración, entre outras.
"Cinema na Escola" busca achegar esta disciplina artística audiovisual aos máis novos, aos centros e aos seus docentes, para que comproben de primeira man e a través do mundo da curtametraxe como as novas tecnoloxías facilítannos o acceso a esta potente ferramenta, didáctica e experiencial.
Un curso máis creamos unha escena "de cinema" na nosa contorna educativa para crear unha curtametraxe en lingua galega: luces, cámara e acción...
Ten como obxectivo dar a coñecer as principais pautas para identificar claramente os produtos que se comercializan no mercado, así como os requisitos xerais de seguridade.
Actividades relacionadas
Concurso dirixido ao alumnado de 3º a 6º de Educación Primaria da cidade, para promover o camiño escolar e a seguridade viaria en todos os centros da cidade.
Sesións de formación e de familiarización no manexo de drones para posteriormente participar nun concurso a nivel autonómico.
Trátase de propiciar a introdución na aula dunha tecnoloxía nova e motivadora, así como de alcanzar obxectivos educativos a través do manexo e programación de Droneblocks e do dron Tello.
Actividades relacionadas
O Concello da Coruña, a través do Servizo de Educación, promove o Consello Local da Infancia da Coruña, CLIAC, cuxo obxectivo é constituír un grupo estable de traballo con nenos e nenas da cidade que traslade a voz de infancia ás políticas públicas do concello.
Ten como obxectivo orientar ao alumnado cara a un consumo consciente e responsable, descubrindo alternativas para facelo desde unha perspectiva ecolóxica, ética e comprometida coa contorna.
Actividades relacionadas
Ten como obxectivo favorecer que o alumnado coñeza os seus dereitos e deberes á hora de consumir tecnoloxía, co fin de facer un uso responsable da mesma.
Ten como obxectivo promover o benestar emocional do alumnado a través da expresión das súas experiencias, pensamentos, sensacións ... e a súa incorporación de forma saudable ao seu hábitat emocional (regularización de emocións, prevención de ansiedade...), como parte da prevención de riscos asociados ao comezo de condutas adictivas.
A exposición Converxencias, arte e ciencia: Juan Gris, organizada pola Institución Galega de Ciencia (IGACIENCIA) e o Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña, enmárcase dentro das actividades de difusión da ciencia e da cultura científica na sociedade, para mostrar as sinerxias e os vínculos entre a arte e a ciencia, propiciar a comprensión do método científico, a resolución de problemas, o espírito crítico e o interese social pola ciencia e a innovación como base do progreso.
COXEGAS ofrece unha solución para a conciliación familiar e laboral durante o mes de setembro para escolares de centros públicos. Os nenos e as nenas gozarán de xogos, deportes e actividades lúdicas como teatro e arte, participando nunha emocionante aventura onde se promoven hábirtos e normas de convivencia e foméntase o desenvolvemento integral e a creatividade.
O programa DEPORTE NO CENTRO promove o poder do deporte para o desenvolvemento integral dos menores, xa que non só promove a actividade física, senón que tamén ensina valores e habilidades fundamentais.
resultados 86
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible