Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

13 de agosto de 2026

Convocatoria de setembro de 2026

Convocatoria de actividades socioculturais nos centros cívicos. Setembro de 2026

As persoas interesadas poden realizar a preinscrición os días 1, 2 e 3 de setembro.

ACTIVIDADES DA CONVOCATORIA XERAL

  • Preinscrición: 1, 2 e 3 de setembro
    • Realizarase preferentemente en liña, cubrindo o formulario: Formulario de preinscrición en actividades . Este formulario estará dispoñible desde as 8:00 h. do martes 1 de setembro ata as 23:59 h. do xoves 3 de setembro.
    • As persoas que NON conten con acceso a internet, poderán realizar a preinscrición de maneira telefónica no número de teléfono 857 890 628 nas datas de preinscrición sinaladas anteriormente e en horario de 10.00 a 14.00 h. e de 16:00 a 20:00 h.
    • Cada persoa poderá solicitar un máximo de tres actividades por centro cívico e por orde de preferencia.
    • Toda a programación detallada por centro cívico, pode consultarse na páxina web de cada centro na seguinte ligazón Convocatoria de actividades socioculturais de setembro 2026 .
  • Cando se realice a preinscrición, á hora de encher o formulario, deberá escoller o método de pago: En liña (con cartón de crédito) ou presencial con taxa de autoliquidación (na entidade bancaria).

O teléfono 857 890 628 non é un número de atención e información sobre as actividades programadas, neste teléfono unicamente recollerase a información necesaria para a formalización da preinscrición.

  • Publicación das listaxes provisionais de preinscricións: 7 de setembro.
    • As listaxes poderanse consultar nos centros cívicos, nesta web e chamando ao Teléfono 010.
  • Reclamacións ás listaxes de preinscricións: 8 de setembro
    • Chamando ao teléfono 857 890 628 en horario de 11.00 a 13.30 h. e de 16:00 a 18:00 h.
    • As reclamacións só poderán facer referencia a persoas que realizaron a preinscrición en prazo que non se atopan nas listaxes publicadas ou que detecten erros nos datos publicados.
  • Actualización de listaxe: 9 de setembro
  • Sorteo público: 10 de setembro ás 10:00h
  • Publicación das listaxes de admisións e de espera: 21 de setembro
    • As listaxes poderanse consultar nos centros cívicos, nesta web ou chamando ao teléfono de atención cidadá 010.
  • Prazo de inscrición e pago de taxas para as persoas admitidas: 22, 23 e 24 de setembro.

    • A cota das actividades regúlase na Ordenanza número 43 Reguladora do prezo público por prestación de servizos e utilización de instalacións culturais, educativas, de lecer e análogas de titularidade municipal, fóra de apoio escolar, cultura xeral e alfabetización que terán carácter gratuíto.
    • Realizarase preferentemente en liña a través desta ligazón Pago en liña das actividades do 22 ao 24 de setembro de 2026, de non facelo nestas datas perderase o dereito á praza.
    • Nas listas de persoas admitidas e de espera figurará un código, o cal haberá que introducir cando sexa requirido ao longo do proceso de pago en liña. Este código indica a persoa que está a se inscribir na actividade, o centro no que se inscribe e a actividade solicitada, polo que cada actividade terase que abonar por separado.
    • Se o pago realízase presencialmente, debe imprimir a carta de pago e presentala na entidade bancaria ou realizar o pago a través de caixeiro.
    • O Concello conta con dúas entidades bancarias asociadas para poder abonar as actividades: ABANCA e Banco Santander.
    • Unha vez pagado na entidade bancaria NON hai que entregar na conserjería do centro cívico O XUSTIFICANTE xa que se envorcarán todos os datos de pago telemático (on-line e entidade bancaria) excepto as persoas que paguen na oficina municipal da Franxa ea que só neste caso débese achegar o xustificante de pago no centro cívico correspondente.
    • Instrucciones pago actividades socioculturales septiembre 2026
  • Data de inicio e fin de actividades
    • A partir do 28 de setembro ata o 12 de decembro.
  • Información importante
    • Cada actividade ten unha clasificación diferente por idade: infancia, mocidade, intergeneracional e maiores. Sempre que non se especifique outro tramo de idades no título da actividade, a idade que correspondería (cumprida no momento de realizar a presinscripcion) á clasificación será: Infancia de 4 a 12 anos, Mocidade de 13 a 17 anos, Intergeneracional a partir de 18 anos e Maiores a partir de 65 anos.
    • Aquelas actividades que teñan a mesma denominación, aínda que teñan distintos niveis ou horario (iniciación ou perfeccionamento, grupo 1 ou grupo 2, mañá ou tarde, etc.,) considéranse unha mesma actividade, e só poderase formalizar a matrícula nunha delas. En caso de facelo nas dúas, ambas quedarán anuladas.
    • As actividades que teñan nivel Iniciación están destinadas unicamente para aquelas persoas que non contan con coñecementos previos no que á actividade refírese, é dicir, que se inician na actividade.
    • Terán preferencia as persoas empadroadas no concello da Coruña.

CLUBS DO CC CASTRILLÓN, Actividades de carácter gratuíto dirixidas por persoas voluntarias.

  • Preinscrición: 1, 2 e 3 de setembro.
    • As preinscricións realizaranse de maneira presencial na conserjería do centro no que se imparte o club, en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00h.
  • Sorteo: 10 de setembro
    • No caso de que o número de solicitudes presentadas para algún dos clubs supere o aforamento ou o número de prazas dispoñibles, a adxudicación das prazas realizarase mediante sorteo.

  • Publicación das listaxes de admisións e de espera: 21 de setembro.
    • Poderase consultar no centro cívico no que se realiza o club, nesta web ou chamando ao teléfono de atención cidadá 010.
  • Prazo de inscrición: Do 22 ao 24 de setembro.
    • Nestes días as persoas admitidas nos clubs deberan CONFIRMARÁN A PRAZA, ben de forma presencial ou por teléfono, no centro cívico no que se realiza o club.

Documentos relacionados

  • CCM Castrillón Actividades setembro 2026 (4 MB)
  • CCM Os Mallos: actividades de setembro de 2026 (4 MB)
  • CCM Mesoiro. Actividades setembro 2026 (5 MB)
  • CCM Os Rosales: actividades de setembro de 2026 (4 MB)
  • CCM Féans: actividades de setembro de 2026 (5 MB)
  • CCM A Silva actividades setembro 2026 (4 MB)
  • CCM Cidade Vella: actividades de setembro de 2026 (6 MB)
  • CCM Monte Alto: actividades de setembro de 2026 (5 MB)
  • CCM O Birloque: actividades de setembro de 2026 (4 MB)
  • CCM Castro de Elviña Actividades setembro 2026 (5 MB)
  • CCM Eirís: actividades de setembro de 2026 (6 MB)
  • CCM Artesáns Actividades setembro 2026 (5 MB)
  • CCM Elviña: actividades de setembro de 2026 (5 MB)
  • CCM Labañou Actividades setembro 2026 (5 MB)
  • CCM Sagrada Familia Actividades setembro 2026 (4 MB)
  • CCM Monelos: actividades de setembro de 2026 (4 MB)
  • CCM Novoboandanza Actividades setembro 2026 (6 MB)
  • CCM Palavea Actividades setembro 2026 (5 MB)
  • CCM Pescadores Actividades setembro 2026 (4 MB)
  • CCM San Diego Actividades setembro 2026 (4 MB)
  • CCM San Pedro de Visma Actividades setembro 2026 (4 MB)
  • CCM Santa Margarida Actividades setembro 2026 (5 MB)
  • CCM Santa Lucía Actividades setembro 2026 (5 MB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión