ACTIVIDADES DA CONVOCATORIA XERAL
- Preinscrición: 1, 2 e 3 de setembro
- Realizarase preferentemente en liña, cubrindo o formulario:
Formulario de preinscrición en actividades
. Este formulario estará dispoñible desde as 08.00 h do martes 1 de setembro ata as 23.59 h do xoves 3 de setembro.
- As persoas que NON conten con acceso a Internet, poderán realizar a preinscrición de maneira telefónica no número de teléfono 857 890 628 nas datas de preinscrición sinaladas anteriormente e en horario das 10.00 ás 14.00 h e das 16.00 ás 20.00 h.
- Cada persoa poderá solicitar un máximo de tres actividades por centro cívico e por orde de preferencia.
- Toda a programación detallada por centro cívico, pode consultarse na páxina web de cada centro na seguinte ligazón
Se queres ver as actividades periódicas que se realizan cada día nos centros cívicos podes consultar aquí
.
- Cando se realice a preinscrición, á hora de cubrir o formulario, deberá escoller o método de pagamento: en liña (con tarxeta de crédito) ou presencial con taxa de autoliquidación (na entidade bancaria).
O teléfono 857 890 628 non é un número de atención e información sobre as actividades programadas, neste teléfono unicamente se recollerá a información necesaria para a formalización da preinscrición.
- Información importante
- Cada actividade ten unha clasificación diferente por idade: infancia, mocidade, interxeracional e maiores. Sempre que non se especifique outro tramo de idades no título da actividade, a idade que correspondería (cumprida no momento de realizar a presinscricion) á clasificación será: Infancia de 4 a 12 anos, Mocidade de 13 a 17 anos, Interxeracional a partir de 18 anos e Maiores a partir de 65 anos.
- Aquelas actividades que teñan a mesma denominación, aínda que teñan distintos niveis ou horario (iniciación ou perfeccionamento, grupo 1 ou grupo 2, mañá ou tarde etc.) considéranse unha mesma actividade, e só se poderá formalizar a matrícula nunha delas. En caso de facelo nas dúas, ambas quedarán anuladas.
- As actividades que teñan nivel Iniciación están destinadas unicamente para aquelas persoas que non contan con coñecementos previos no que á actividade se refire, é dicir, que se inician na actividade.
- Terán preferencia as persoas empadroadas no Concello da Coruña.
CLUBS DO C.C. CASTRILLÓN, actividades de carácter gratuíto dirixidas por persoas voluntarias
- Preinscrición: 1, 2 e 3 de setembro.
- As preinscricións realizaranse de maneira presencial na conserxería do centro no que se imparte o club, en horario das 10.00 ás 14.00 h e das 16.00 ás 20.00 h.
- Sorteo: 10 de setembro
- Publicación das listaxes de admisións e de espera: 21 de setembro.
- Poderase consultar no centro cívico no que se realiza o club, nesta web ou chamando ao teléfono de atención cidadá 010.
- Prazo de inscrición: do 22 ao 24 de setembro.
- Nestes días as persoas admitidas nos clubs CONFIRMARÁN A PRAZA, ben de forma presencial ou por teléfono, no centro cívico no que se realiza o club.