Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Nadal 2025

nadal nas bibliotecas

Volve ás bibliotecas polo Nadal! Descubre o que temos preparado para desfrutar destas festas nas bibliotecas.

"Falaron e falaron, ata que a choiva da noite deu paso a unha mañanciña fresca e rosada."

Fragmento de Morgana en Esmelle / Begoña Caamaño

Cada Nadal trae consigo sentimentos encontrados, cun punto de saudade polos Nadais pasados, e conversas que se van estendendo na noite, mesmo ata que brilla a rosada da amañecida, cal o fragmento de Morgana en Esmelle, de Begoña Caamaño, que quixemos que encabezase este portal de Nadal das bibliotecas como temperá homenaxe á escritora á cal se lle dedicará o Día das Letras Galegas no próximo ano, 2026.

Pero o Nadal non só é saudade do pasado: tamén é presente, e crear lembranzas neste presente que axuden a despedir un ano que marcha e darlle a benvida ao novo.

Participa connosco do que temos preparado (xogos, obradoiros, contacontos... e mesmo un concerto!) e bota un ollo á nosa guía que, ano tras ano, deixa na túa porta as nosas suxestións de "Historias de regalo" para estas datas.

Agardámoste e aproveitamos para desexarche, desde este recunchiño, felices festas!

Actividades de Nadal

Día e hora Biblioteca Actividade
Xoves 18, 19:30h Biblioteca de Estudos Locais Concerto de Nadal
Venres 19, 17h. Biblioteca Sagrada Familia Obradoiro de decoración de Nadal
Venres 19, 18:30h. Biblioteca Durán Loriga Presentación de libro+contacontos
Sábado 20, 10:30h Biblioteca Os Rosales Xogos de mesa
Luns 22, 18h Biblioteca Monte Alto Representación teatral
Venres, 02 de xaneiro Varias bibliotecas Visita dos paxes reais ás bibliotecas municipais

Recomendacións de Nadal

Podes desfrutar en liña de recomendacións de lectura, ideas de agasallo, e propostas de cinema e música, xunto con curiosidades da Coruña. 

Estamos rematando para ti a nosa guía "Historias de regalo" 2025! Axiña estará dispoñible. Mentres, se queres inspirarte, bota un ollo á de 2024, porque as cousas boas non teñen data de caducidade!

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á procura avanzada

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión