Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Centro de interese Biblioteca Verde

Biblioteca Verde é un programa que nace de concretar o compromiso das Bibliotecas Municipais da Coruña ao redor do medioambiente e un estilo de vida sostible.

Froito dese programa, en todas as bibliotecas existe un fondo especializado relativo a estes temas que busca sensibilizar no coñecemento de prácticas e hábitos sostibles e de respecto á natureza.

Con isto, conseguimos facilitar, formar e informar aos nosos usuarios e usuarias sobre alternativas de consumo consciente e responsable, ademais de proporcionar un espazo a entidades e organizacións locais para dar a coñecer experiencias amigables co medio ambiente que se desenvolven na cidade.

A quen se dirixe

Persoas adultas interesadas na ecoloxía, respecto ao medioambiente e un estilo de vida saudable, e ao público en xeral.

Que materiais podo atopar

Todo tipo de soportes con información en todas as súas múltiples variantes sobre o consumo responsable, o desenvolvemento sostible, ecoloxía e medio ambiente. Ademais de obras de narrativa e audiovisuais relacionados coa natureza e/ou unha forma de vida sostible.

Títulos de Biblioteca Verde no catálogo

Podes atopar todos os títulos de Biblioteca Verde dispoñibles na nosa colección premendo aquí.

Hai algunha guía de recursos sobre esta temática?

Si, existen varias guías de recursos relacionadas con distintas campañas levadas a cabo no marco da nosa Biblioteca Verde:

Quero saber máis sobre o programa Biblioteca Verde

Tes máis información na seguinte ligazón: Biblioteca verde: encontros participativos .

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á procura avanzada

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión