Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Pantallazo de APP Coruña

Trámites en APP Coruña

Descobre os trámites que podes facer nas bibliotecas a través da APP Coruña

Trámites co concello: identidade dixital

As bibliotecas somos puntos habilitados para a tramitación da identidade dixital de nivel de confianza total relativa ao acceso a servizos a través de APP Coruña. Acode á túa biblioteca municipal máis próxima para identificarche co teu DNI ou similar e escalar así na túa identidade dixital nesta aplicación oficial.

Trámites coas bibliotecas: elixe o teu

Para acceder a trámites coas bibliotecas desde APP Coruña no teu dispositivo móbil, debes picar no menú (tres liñas na parte inferior da pantalla) e atoparnos no apartado "Lecer e cultura". Se seleccionas bibliotecas verás que tes acceso a varias iconas:

  • Bibliotecas: o mapa ou lista onde podes localizar as bibliotecas da cidade, non só as municipais.
  • Catálogo de bibliotecas: ligazón ao noso catálogo.
  • Préstamo de libros: información sobre os datos dos libros e outros materiais prestados ao teu nome e a súa data de devolución.
  • Carné de biblioteca: xera un código de barras do teu carné para poder usalo no teu móbil en calquera biblioteca da nosa rede. Este apartado tamén permitirache ver os datos persoais que constan na nosa base e poderás avisarnos en caso de querer modificalos.

Ademais, verás as nosas actividades na axenda xeral da aplicación, como contacontos ou cursos de formación dixital, desde onde poderás picar e abrirache unha ligazón para inscribirche.

Carnés de persoas socias

Trámites para persoas socias

Asóciate

Curiosidade: Sabías que podes formar un club de lectura cidadán solicitando en liña un carné propio e compartir lecturas con quen ti elixas? Infórmate en: Clubs de lectura cidadáns .

Xestiona os teus préstamos

Cunha clave persoal podes consultar e renovar os teus préstamos desde a web. Máis información sobre préstamo.

Propón unha compra

Adquirimos libros, CD e DVD de maneira periódica coa intención de equilibrar a colección e dar resposta ás diferentes necesidades e demandas das nosas usuarias e usuarios.

Estamos moi atentas ao mercado editorial valorando e analizando as novidades, sempre tendo en conta a súa calidade e pertinencia.

Convidámoste a que se detectas que non dispoñemos de materiais ou temas que consideres de interese para ti, nos fagas unha suxestión de compra, podes facelo co teu número de soci@ de bibliotecas cubrindo un sinxelo formulario. Nós valoraremos a súa pertinencia e darémosche unha resposta nun prazo máximo dun mes. En caso de aceptar a compra realizarémola antes de 3 meses.

Criterios xerais:

  • Non adquirimos libros de texto nin excesivamente técnicos.

  • Non adquirimos enciclopedias, catálogos de esposiciones e similares.

  • Non adquirimos, como norma xeral, exemplares de títulos que xa temos no catálogo.

Reserva un ordenador

Podes acceder a calquera ordenador de uso público directamente nas nosas salas, sempre que non estea reservado, ou ben facer unha reserva en liña para a biblioteca, hora e día que ti decidas, o propio día ou o día seguinte. En ambos os casos necesitarás un usuario e unha clave.

Para saber máis, consulta o noso apartado sobre:

Inscricións e solicitudes

Cubrindo un simple formulario, poderás xestionar en liña unha multitude de trámites.

Pregúntanos e opina

Pregúntanos, síguenos, participa!

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios no buscador de ou Actividades nas bibliotecas busca En calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión