Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

BiblioTECH

Tipo de actividade:

Talleres / Charlas

A quen vai dirixido?:

Público infantil, xuvenil e/ou adulto

Enderezo:

Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña

O Programa BiblioTECH ofrece obradoiros tecnolóxicos para mentes curiosas e creativas ao redor de disciplinas STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñaría, matemáticas, etc).

¿En qué consiste BiblioTECH?

BiblioTECH é un programa formado por unha serie de accións informativas, formativas e eminentemente prácticas que se desenvolven na  Biblioteca Municipal Durán Loriga  e que se centran no uso creativo, crítico e seguro das TIC para alcanzar obxectivos relacionados co traballo e a empregabilidade, a aprendizaxe continua, o uso do tempo libre e/ou a inclusión e participación cidadá.

O seu formato adoita ser o de obradoiros ou xornadas divulgativas e vai acompañado dunha colección bibliográfica adecuada e a participación de axentes e especialistas locais, que che axudarán a achegarte ás disciplinas STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas), á robótica ou á programación mediante o uso de tecnoloxía libre e en código aberto.

Cómo participar

Algunhas actividades requiren inscrición previa (7 días antes do inicio da propia actividade) e outras son de entrada libre ata completar a capacidade.

Onde e cando

As accións teñen lugar na  Biblioteca Municipal Durán Loriga  ao longo de todo o ano.

Nos meses de febreiro (Día da muller e as nenas nas ciencias) e abril (Día internacional das nenas nas Tics) prográmanse accións centradas nas mulleres e a súa necesaria visibilización nestas áreas.

Tamén che pode interesar

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión