Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Xestión de contrasinais

Xestiona os teus contrasinais desde casa ou desde os catálogos dispoñibles ao público das nosas bibliotecas

Usando o teu número de carné e un contrasinal persoal, poderás acceder a un espazo persoal do noso catálogo denominado "A miña biblioteca".

Accedendo como usuario identificado poderás, entre outras cousas, consultar a túa información persoal e os teus préstamos, así como renovar o prazo deses préstamos sempre que sexa posible.

Solicitar o meu contrasinal

A pantalla de introdución de datos ábrese tras premer "Identifícame"

Para identificarte, deberás introducir dous datos: o número de tu carné da biblioteca (con seis díxitos), e un contrasinal proporcionado nalgunha das nosas bibliotecas.

Se non che proporcionamos aínda ese contrasinal ou o descoñeces/esquecíchelo, debes pasar en persoa por calquera das biblios e solicitala de novo. Este trámite, que é instantáneo, require da túa presenza porque é o único xeito que temos de asegurarnos de entregarche os datos de forma segura.

Volver a menú

Cambiar o meu contrasinal

Pantalla de gestión de cuenta, donde encontramos el apartado "Password"

Se desexas cambiar o contrasinal en calquera intre, podes facelo, tras identificarte, picando na sección "Xestión da conta" de "A miña biblioteca". Aí atoparás o apartado "Password", onde se che permitirá modificar a túa clave de acceso logo de premer na icona correspondente, que aparece á dereita do texto.

Recomendámosche que, por seguridade, tras identificarte pola vez primeira, cambies o contrasinal, e que probes a modificalo un par de veces ao ano.

Volver a menú

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á procura avanzada

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión