Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Viaxes

Atoparás un centro de interese de VIAXES en todas as bibliotecas, salvo Estudos Locais (especializada en fondo referido ou publicado na Coruña).

Cada un deles pon á túa disposición unha selección de materiais que che resultarán de interese para axudarche a organizar unha viaxe, consultalos durante a túa estancia no lugar elixido ou, simplemente, para coñecer outros lugares sen moverte da casa.

Este centro de interese está composto por:

Para localizar estes materiais no catálogo en liña podes consultar o titorial de procuras, utilizar a procura avanzada ou consultar os seguintes apartados con exemplos:

GUÍAS DE VIAXES

Dispoñemos de guías de viaxes de todos os continentes e países. Para localizar no catálogo en liña as guías dunha cidade concreta podes facelo combinando o nome da cidade do teu interese cos termos "guías turísticas" no campo "materia" do buscador. Madrid, Budapest, París ou California son algúns exemplos.

Se che interesa algún lugar do territorio español, ten en conta que neste centro de interese atoparás guías das distintas comunidades autónomas e provincias, ou mesmo rexións. Podes buscar polo seu nome seguindo o esquema anterior. Galicia, Ourense, Estremadura e Cáceres son algúns exemplos.

Dentro desta sección dispós tamén de numerosas guías de todo o relacionado co Camiño de Santiago (rutas e vías, monumentos, festas, preparación etc.).

REVISTAS

Nas bibliotecas atoparás revistas especializadas nesta temática, como son:

LITERATURA DE VIAXES

Atoparás narrativa e ensaio con temática de viaxes

MATERIAL AUDIOVISUAL

A forma máis sinxela para atopar este tipo de materiais no catálogo en liña é combinar unha procura cos termos DVD, CD, CD-ROM ou DVD-ROM con "guías turísticas". Por exemplo, para recuperar todos os documentais que tratan esta temática lanza unha procura que combine "DVD" e "guías turísticas".

DICIONARIOS DE IDIOMAS/GUÍAS DE CONVERSA

Quen non necesitou botar man dun dicionario ou guía dun idioma nun país estranxeiro? Pois non esquezas levar o teu en préstamo. Localízao no catálogo buscando por "viaxes" e o idioma do teu interese, por exemplo, "lingua rusa". Así atoparás Ruso para viaxar.

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á procura avanzada

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión