
Neste mes de marzo, as Bibliotecas Municipais da Coruña facemos parte do 8M e convertémonos en altofalante e punto de encontro arredor do Día Internacional da Muller.
Poñemos no centro a saúde, a memoria, a prevención e a xustiza, buscando recuperar as historias que non puideron brillar e soster as voces que hoxe reclaman o seu espazo.
Poderás participar desde obradoiros de saúde integral para mulleres ata conversas necesarias sobre o cancro ou a memoria histórica feminina, e mostras con recomendacións para pensar e reflexionar sobre os feminismos e a situación da muller.
Tes toda a programación detallada a continuación!
| Sabías que...? Durante todo o ano, mantemos aberto un centro de interese sobre xénero e feminismos. |
Programación
| Actividade | Onde | Cando |
|---|---|---|
| Mostras bibliográficas | Bibliotecas Estudos Locais, Fórum e Monte Alto | do 4 ao 16 de marzo |
| Conversa Rompendo regras: cancro e menopausa (acceso libre ata completar aforo) | Biblioteca Durán Loriga | 11 de marzo, 18:30 h |
| Obradoiro Muller e Saúde (previa inscrición) | Biblioteca Monte Alto | 12 de marzo, 18:30 h |
| Conversa con Belén López Cillero (en blog) | Blog Suma Ágora | - |
Máis información
Mostras bibliográficas
Estas mostras non son unha parede de lamentos nin unha ofrenda chea de pó: é un diálogo. É lembrar ás que non puideron brillar como merecían -non por falta de talento, senón por falta de espazo, de recoñecemento, de xustiza-, e ao mesmo tempo é un aviso de que o foco está aquí e agora, acendido, e que aínda queda traballo por facer para que non se apague.
Non queremos contar unha historia cómoda. Non foi doado antes e non o é agora. Pero se a biblioteca ten unha tarefa, é esta: non deixar que as voces se perdan. Recuperar as que foron silenciadas e soster as que hoxe están medrando.
Porque visibilizar non é celebrar, é soster. É ler, recomendar e dar lugar. É dicir que existiron e que existen.
|
Lugar: Biblioteca Forum Metropolitano Data: do 4 ao 16 marzo Horario: horario de apertura da biblioteca Público destinatario: públicado infantil, xuvenil e adulto. |
|
Lugar: Biblioteca de Estudos Locais Data: do 4 ao 16 marzo Horario: horario de apertura da biblioteca Público destinatario: de 18 en adiante |
|
Lugar: Biblioteca de Monte Alto Data: do 4 ao 16 marzo Horario: horario de apertura da biblioteca Público destinatario: de 18 en adiante. |
Conversa "Rompendo regras: cancro e menopausa"
Complementando a exposición fotográfica "Virando a rosa" proxecto gañador do VII Premio Luisa Villalta a proxectos pola igualdade do ano 2025 que se desenvolve na sala de exposicións da Casa da Cultura Salvador de Madariaga, e dentro das accións da biblioteca no seu programa Rompendo Regras, teremos unha charla e testemuñas sobre o cancro e a menopausa.
Data: 11 de marzo
Horario: de 18.30 a 20.00 h
Lugar: Biblioteca Municipal Durán Loriga
Público destinatario: calquera persoa interesada no tema
Acceso de balde ata completar aforo
Obradoiro formativo Muller e Saúde
Esta actividade formativa busca mellorar a comprensión dos cambios evolutivos da muller e previr enfermidades propias do colectivo feminino.
O programa céntrase na saúde integral, promovendo hábitos saudables , a detección temperá mediante cribados e o auto coñecemento como base dunha prevención personalizada, abordando tamén a menopausa e os recursos de apoio dispoñibles.
Data: 12 de marzo
Horario: de 18:30 a 20:30 h
Lugar: Biblioteca Monte Alto
Público destinatario: mulleres a partir dos 40 anos
Acceso de balde previa inscrición presencial, en liña, ou por teléfono.
Conversa con Belén López Cillero (en blog)
Belén López Cillero é investigadora social a tempo completo e participante nun dos Grupos de Conversa en Galego que se desenvolven mércores e xoves na Biblioteca Ágora.
Con ela falamos este 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, na nosa sección Conversas con... da súa historia persoal, da importancia de dar voz ás mulleres recluídas no Padroado de Protección á Muller e de poñer luz para reparar o dano de quen pasou por esta institución.
Descarga o programa completo do Concello da Coruña polo 8M
Tamén che pode interesar
Tamén che pode interesar
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible