Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Rutas polo barrio

Tipo de actividade:

Programas de colaboración con centros escolares

A quen vai dirixido?:

Educador / centro escolar

Require inscrición

De outubro a maio. Consulta o calendario

En que consisten as Rutas?

As rutas polo barrio son percorridos guiados por diferentes espazos referenciais do barrio, que comezan no centro de ensino do grupo de alumnado que o desenvolve e acaban cunha visita á Biblioteca Ágora, na que explicamos os servizos e posibilidades que esta ofrece.

Durante a posta en marcha do proxecto desenvolvemos, da man das entidades coas que colaboramos, itinerarios específicos para os colexios da nosa contorna polos barrios do Agra do Orzán, Ventorrillo, Mariñeiros e San Pedro de Visma. En todos eles procúrase un equilibrio entre contidos informativos e lúdicos, tentando que as explicacións contextuais estean adecuadamente adaptadas para as idades coas que traballamos e que, ao mesmo tempo, non falte a diversión e a creatividade no desenvolvemento da actividade.

Obxectivos

  • coñecer máis e mellor os espazos da súa contorna e que gañen estima por eles
  • descubrir os elementos urbanos, históricos, culturais etc... máis relevantes, máis próximos
  • afianzar, desde a nenez, unha relación consciente e en positivo con respecto aos seus propios espazos da vida cotiá

Cando e como?

Celébranse ao longo do curso escolar, en colaboración con centros de ensino da contorna da Biblioteca Ágora (CEIP Raquel Camacho, CEIP María Barbeito, CEIP San Pedro de Visma e IES Agra I) e grazas á colaboración das distintas entidades e colectivos que se prestan a participar.

Como participar?

Poñéndote en contacto coa Biblioteca Ágora

Últimos post sobre as rutas no blog Suma Ágora

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión