Require inscrición
Consulta o album de fotos das actividades que facemos no programa
Que é Achega?
ACHEGA: "A biblioteca como espazo inclusivo para persoas vulnerables" é un programa que se desenvolve na Biblioteca Fórum en colaboración coa Asociación Participa para a Inclusión Social
Unha sociedade inclusiva ten a obriga de facilitar o acceso ao coñecemento e aos servizos culturais dos colectivos en risco de exclusión social é aquí onde as Bibliotecas deben tomar partido. Por iso a través de actividades de promoción da lectura pretendemos facer da Biblioteca Forum un espazo inclusivo, onde as persoas con diversidade funcional se sintan usuarios de pleno dereito.
A participación activa nas actividades culturais é un factor fundamental no proceso de axuste social das persoas afectadas. A saúde social supón un paso máis na normalización e convivencia ca diferencia.
Con Achega contribuimos á consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (recollidos na Axenda 2030). As bibliotecas teñen a misión de contribuir a reducir a desigualdade proporcionando espazo cívicos seguros e abertos a todas as persoas. Sento así un medio apoio para os grupos marxinados que teñen dificultades para acceder á información, ao coñecemento e á asistencia en todos os lugares.
"O principio de inclusión" é un dereito e unha necesidade de vivir en comunidade, estar presente nos mesmos lugares e utilizar os mesmos servizos, así como participar activamente na vida comunitaria.
A quen vai dirixido?
A grupos de persoas pertencentes a entidades de Diversidade Funcional e en risco de exclusión social da zona de influencia da Biblioteca Forum, interesadas en actividades inclusivas e de achega ao libro e á lectura.
O principio de inclusión" é un dereito e unha necesidade de vivir en comunidade, estar presente nos mesmos lugares e utilizar os mesmos servizos, así como participar activamente na vida comunitaria.
Onde e cando
| Lugar |
| Biblioteca Fórum |
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do comezo da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible