Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Alcaldía

Solicitude de espazos

Aula 2 da Biblioteca Ágora

Aulas para actividades e traballos en grupo

Porque procuramos satisfacer as túas necesidades, poñemos á túa disposición aulas que podes reservar para os teus traballos en grupo.

A seguinte información pode variar en función das medidas de prevención ante a pandemia derivada da Covid-19. Consulta a nota actualizada que segue ao texto. Grazas pola comprensión!

A Biblioteca Municipal Ágora conta con 4 aulas que se prestan a grupos de entre 3 e 20 persoas (2 aulas con capacidade para 3 ó 4 persoas, e outras 2 para grupos de entre 15 e 20).

Podes solicitar calquera delas de varias maneiras: presencialmente na biblioteca, por teléfono ou a través do formulario. En todos os casos, a biblioteca debe confirmarche a súa dispoñibilidade antes de que poidas usala.

Non é conveniente que fagas a túa solicitude no mesmo día en que queres utilizar a aula: ten en conta que se coincide con algunha actividade programada pola biblioteca, esta sempre prevalecerá sobre as demandas dos usuarios e usuarias.

NOTA ACTUALIZADA SOBRE MEDIDAS COVID

Debido ás medidas de prevención ante a pandemia derivada da Covid-19, que obrigaron a reducir as capacidades dos nosos espazos, actualmente só están dispoñibles para a súa reserva 2 aulas con capacidade máxima para só 2 persoas a un tempo por aula. Lamentamos as molestias que isto poida ocasionar.

Enviar unha solicitude

Aulas de informática

Nas bibliotecas municipais: Ágora, Castrillón, Fórum Metropolitano, Monte Alto, Os Rosales e Sagrada Familia dispoñemos de aulas de informática nas que realizamos os cursos de informática e tecnoloxía. Ademais, se representas a unha asociación, ONG... e necesitas un espazo para levar a cabo unha acción formativa, non dubides en pedila!

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á procura avanzada

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión