Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Alcaldía

Ando na Coruña

A quen vai dirixido?:

Adultos

Certas actividades requiren inscrición

Enderezo:

Rúa Durán Loriga 10, 1º. 15003 A Coruña

En que consiste Ando na Coruña?

ANDO NA CORUÑA é un programa que ten como obxectivo a divulgación de temas relacionados coa Coruña, calquera que sexa a súa especialidade, e a dos fondos que a Biblioteca de Estudos Locais teña sobre a dita temática.

Persigue, ademais, dar a coñecer a BMEL como biblioteca especializada na cidade.

O programa estará integrado, anualmente, por 3 actividades nas que se tratarán diferentes propostas relacionadas coa cidade. A temática incluirá calquera aspecto relacionado coa Coruña: arquitectura, personalidades, costumes...

Cal é a dinámica das actividades?

Cada actividade constará de 3 sesións que se estruturarán seguindo un modelo común:

  • Introdución e contextualización do tema elixido e entrega do dossier coa selección de textos que ilustrarán o tema a tratar e a bibliografía que sobre el se pode atopar na BMEL.
  • Desenvolvemento do tema concreto e comentarios dos textos.
  • Visita guiada pola zona/lugar... á que alude o tema tratado.

Como participar?

Para participar é necesario inscribirse en cada unha das actividades.

As persoas inscritas poderán asistir ás 3 sesións que integran cada actividade pero deberán volver a inscribirse para participar en cada unha das demais actividades que compoñen o programa.

O número de participantes variará dependendo dos requisitos e necesidades de cada actividade en concreto.

En todas as actividades do programa a primeira e a segunda sesión celebraranse na BMEL (Durán Loriga, 10, 1º).

Programación 2023

Ando na Coruña: A Coruña artesá  será a primeira actividade.

Desenvolverase os días:

  • 8 de febreiro (de 18 a 19 h.)
  • 1 de marzo (de 18 a 19 h.)
  • 29 de marzo (de 17:30 a 19:30)

Nesta ocasión o número máximo de participantes será de 15 persoas. Ando na Coruña: A Coruña artesá

Para ter en conta

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión