Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Alfabetización de persoas adultas

Tipo de actividade:

Cursos e formación

A quen vai dirixido?:

Persoas adultas

Require inscrición

De outubro a maio. Semanal

En que consisten estas actividades?

Hai persoas que teñen dificultades no acceso á lectura por diversas razóns: pouca ou nula escolarización, mala comprensión de textos, alfabetización noutra lingua...

Trátase de manter reunións para a lectura e análise de textos sinxelos que propicien unha progresiva mellora na súa compresión, a perda do medo á lectura doutros textos máis complexos e a mellora na expresión oral e escrita.

Estas actividades son desenvolvidas por persoas voluntarias. (Para saber máis: Son voluntario/a )

Alfabetización para persoas adultas - Biblioteca Ágora

O programa está centrado na formación básica informal para persoas maiores que por determinadas circunstancias na súa infancia e/ou mocidade non tiveron acceso ao ensino regrado ou o tiveron moi limitado.

Club de Lectura en voz alta - Biblioteca Ágora

É unha liña de traballo de formación non regrada baseada na lectura en voz alta de libros a grupos de persoas cunha escolarización deficiente ou que tiveron que abandonar os estudos a unha idade moi temperá.

Ten como finalidade mellorar as competencias de lectura, escritura, comprensión, coñecementos básicos e cultura xeral das persoas que asisten ás sesións.

Como participar?

  • En setembro/outubro ábrese o prazo de inscrición para participar todo o ano.
  • As prazas adxudícanse por rigorosa orde de inscrición.
  • Ponte en contacto coa biblioteca por se aínda quedan prazas dispoñibles: Busca a túa biblioteca

Onde e cando

Actividade Lugar Día Hora
Alfabetización para persoas adultas - Cáritas Biblioteca Ágora Luns/martes/mércores/venres 17.00 horas

Alfabetización para persoas adultas - RISGA

Biblioteca Ágora Luns/martes/mércores/xoves 10.00 horas
Lectura en voz alta Biblioteca Ágora Luns/mércores 12.00 horas

Seguro que tamén che interesa

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión