
Unha paz de 80 anos: da fin da Segunda Guerra Mundial á nova orde internacional
Nace un novo ciclo temático na Biblioteca Os Rosales nos meses de outubro a novembro onde repensar a nova orden internacional.
Un espazo de reflexión sobre o mundo que xurdiu tras o conflito e os retos que afronta hoxe a orde global. Charlas, lecturas e unha mostra documental para entender como o pasado segue modelando o presente.
En 2025 cúmprense oitenta anos da fin da Segunda Guerra Mundial, a maior traxedia da historia contemporánea. O 2 de setembro de 1945, o emperador Hirohito asinaba a rendición de Xapón a bordo do acorazado USS Missouri, poñendo punto final a un conflito que xa rematara en Europa coa caída de Berlín meses antes.
Aquel momento histórico marcou o inicio dunha nova orde internacional: o nacemento das Nacións Unidas, o ascenso das superpotencias (EE.UU. e URSS), a Guerra Fría, a descolonización, a perda de influencia europea e a transformación xeopolítica do planeta.
O ciclo temático "Unha paz de 80 anos: da fin da II Guerra Mundial á nova orde internacional", convida a repensar esa etapa decisiva e as súas consecuencias ata hoxe. A pesar de oito décadas de relativa estabilidade, moitas das tensións actuais beben dos conflitos non resoltos daquela época.
Actividades do ciclo:
Ao longo do ciclo ofreceranse diversas propostas para público adulto:
Un convite a mirar o pasado para comprender o presente e a pensar, dende a biblioteca, como se constrúe -ou se perde- a paz no mundo contemporáneo.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible