Avisos importantes
Visita o álbum de fotos desta biblioteca
Horario
Como chegar?
Localiza a biblioteca no mapa da cidade e visítanos! Se o vas facer en medios de transporte públicos ou en bicicleta esta información serache útil:
Liñas de autobús urbano
Liña 3 - Liña 3A - Liña 12 - Liña 14
Estacións de bicicletas
Que me ofrece esta biblioteca?
Nesta biblioteca, como nas outras sete, atoparás bibliotecarias e bibliotecarios dispostos a axudarche no que necesites.
Cada persoa ten o seu espazo na biblio: hai zonas especialmente pensadas e deseñadas para bebés, nenos e nenas, mocidade e persoas adultas.
Dispón de múltiples materiais que poderás levar en préstamo, música e cinema, ordenadores de acceso público, conexión wifi, consolas e videoxogos...
Busca e descubre todas as actividades e cursos que che ofrecen esta biblioteca e as demais da rede
Máis información
A Biblioteca Municipal dos Rosales inaugurouse en setembro de 2009. Forma parte do Sistema Municipal de Bibliotecas do Concello da Coruña, está situada no barrio dos Rosales, na praza Elíptica, nun edificio compartido co Centro Cívico Municipal dos Rosales.
A biblioteca está situada no centro dunha gran praza rodeada de mágnificos espazos verdes e dun parque infantil. A área de influencia da biblioteca abarca unha poboación de 15.117 habitantes segundo datos de 2012. É un barrio novo, o 51% da poboación do barrio está entre os 18 e os 50 anos e mais dun 17% é menor de 14 anos.
A biblioteca encádrase dentro dun edificio municipal compartido co Centro Cívico dos Rosales, actúa como un equipamento sociocultural de proximidade e dá servizo e atención ao conxunto da veciñanza da súa zona de influencia e especialmente a aqueles sectores sociais con menos posibilidades de acceso ao coñecemento e á práctica cultural, lectora e formativa.
Dende o 06/11/2020 ata o 21/05/2021
Dende o 05/11/2020 ata o 21/05/2021
Require inscrición
De 11.00 a 12.30 horas
Quincenal
27/04/2021
Dende o 20/04/2021 ata o 27/04/2021
de 18.30 a 20.30 horas
08/05/2021
De 12 a 13 horas
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible