Visita o álbum de fotos desta actividade
Bebeteca
Require inscrición
De outubro a maio. Semanal
En que consisten os bebencontros?
Sesións dirixidas a familias con bebés entre 0 e 24 meses. Nelas móstrase aos pais e nais que facer cos libros, as historias, as cancións, os contos... nestas primeiras idades.
Nestas reunións de pais, nais, bibliotecarios e bebés escoitan, miran e manipulan libros, apréndense cancións, explórase e experiméntase.
Quero ver o calendario anual de sesións
Actualmente as sesións están paradas debido á situación sanitaria derivada da crise pola Covid-19. Agardamos poder retomalas canto antes.
Como participar
Onde e cando
Actualmente as sesións están paradas debido á situación sanitaria derivada da crise pola Covid-19. Agardamos poder retomalas canto antes.
Habitualmente, os horarios serían os seguintes:
Biblioteca | 0 a 12 meses | 6 a 24 meses | 13 a 24 meses | 0 a 24 meses | Prazas | Frecuencia |
Biblioteca Ágora | sábados 11h | 12 | Mensual | |||
Biblioteca Fórum Metropolitano | sábados 18h | sábados 18h | 6 | Mensual | ||
Biblioteca Durán Loriga* | ||||||
Biblioteca Os Rosales | sábados 11.30h | 15 | Mensual |
*Sen sesións ata novo aviso
Moi importante
Ao finalizar a actividade non esquezas seleccionar co teu fillo/a algúns libros para levar a casa. A lectura compartida en familia, día tras día, brindaravos unha excelente oportunidade para fortalecer a vosa relación e enriquecer a comunicación familiar. Fai da lectura compartida un membro máis da túa familia.
Aproveita as suxestións e recomendacións que che facemos. Resultarache máis doado seleccionar materiais adecuados para unha determinada idade ou sobre un tema concreto e non dubides en pedir toda a axuda que necesites ao persoal bibliotecario.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible