Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Recursos web para a autoformación

A formación en liña está orientada sobre todo a mellorar as nosas competencias laborais, e adoita ofertarse por universidades ou institucións de todo o mundo. Este tipo de cursos pode clasificarse en MOOC (cursos en liña abertos e gratuítos, sen límite de participantes), NOOC (similares aos MOOC pero cunha duración de entre 1 e 20 horas) e SPOC (orientados a unha comunidade educativa máis pechada).

Podes comezar investigando nesta páxina, onde podes filtrar cursos por idioma e materia.

E a continuación compartimos unha pequena selección onde seguro atoparás cursos gratuítos do teu interese.

Principais plataformas para a autoformacion

  • Coursera conta con máis de 2.000 cursos (tanto gratuítos como de pago), en diferentes idiomas e de moitas temáticas diferentes: desenvolvemento persoal, negocios, ciencia, humanidades, informática...

  • MIRÍADAX (apoiada por universidades e institucións iberoamericanas): conta con case 600 cursos sobre saúde, belas artes, redes sociais, comunicación... nos que se inclúen distintos tipos de actividades.

  • Aprender Gratis é unha plataforma que recompila máis de 2000 cursos, tutoriais, guías e manuais gratuítos dunha gran variedade de temas: desde arquitectura a técnicas de estudo ou manexo da tensión.

  • UNED oferta cursos moi variados. idiomas, obradoiros de escritura, traballo social, alfabetización informacional...

  • No Ministerio de Educación na súa páxina de Aula Mentor atopamos unha oferta moi variada : ademais dos habituais de informática, negocios ou idiomas, hai outros como Historia da arte, padronaxe e para costura, xardinaxe ou restauración de obxectos antigos. Neste caso moitos deles teñen un custo mensual, pero puntualmente lanzan unha convocatoria de cursos gratuítos.

  • Para quen queira mellorar mellorar os seus coñecementos profesionais FUNDAE (Fundación Estatal para a formación no emprego) ofrece cursos gratuítos de formación profesional para o emprego con prácticas profesionais.

  • Fórmate tamén está orientado a traballadores en activo ou no paro.

Plataformas para mellorar a lingua galega e as novas tecnoloxías

  • Se queres mellorar en novas tecnoloxías a Xunta de Galicia, a través de CeMIT busca fomentar a inclusión dixital de todos os cidadáns con cursos presenciais (por agora suspendidos) e en modalidade de teleformación. Tamén o Centro de Apoio Tecnolóxico de Castela-A Mancha ofrece a través da Plataforma Formados-Bilib 60 cursos de iniciación ás TIC. Para os profesionais da educación, tanto E-Graó como INTEF de Educalab , ScolarTIC da Fundación Telefónica ou Rededuca ofrécelles cursos específicos.
  • Queres aproveitar para mellorar o teu nivel de galego? A Xunta de Galicia ofréceche facelo e obter o CELGA e podes estudalo co obxectivo de obter o teu certificado tras un exame pero tamén simplemente polo pracer de aprender (na sección de autoaprendizaxe).

Plataformas para sacar o teu lado máis creativo

  • CREHANA , para os que queiran desenvolver o seu lado máis artístico, atoparás cursos gratuítos sobre ilustración, fotografía, animación etc.

  • Tutellus ten, ademais de cursos de pago, outros gratuítos sobre maxia, decoración de festas ou meditación.

Certificados, insignias, diplomas...

A oferta é moi ampla e podes atopar cursos para todos os gustos e de todos os prezos. A gratuidade dos cursos adoita implicar que o feito de superalos non outorga ningún tipo de certificado ou diploma oficial máis alá dunha insignia dixital (para identificar progresos e logros e motivar ao estudantado), aínda que se o necesitas ou desexas, podes optar a conseguir o devandito certificado logo do pagamento previo.

Se o que buscas é aprender, mellorar a túa formación, abrirte a outros campos de coñecemento e satisfacer a túa curiosidade intelectual, estás no lugar axeitado para comezar.

Tamén che pode interesar

Recursos Accesibles para todos

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á procura avanzada

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión