Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Bibliotecas Municipales

Área de Fomento y Promoción de la ciudad

De meu, de teu, de seu: a importancia da convivencia interxeracional na sociedade

Ciclo Temático "De meu, de teu, de seu: a importancia da convivencia interxeracional na sociedade" do 15 de abril ata o 15 de xuño

O 29 de abril celébrase o Día Europeo da Solidariedade e a Cooperación entre Xeracións, e dende a Biblioteca Fórum Metropolitano poñemos en marcha un ciclo temático para dar visibilidade e tomar conciencia da importancia das relacións interxeracionais tanto dende un punto de vista teórico, a través de charlas de expertos, coma práctico coa realización de obradoiros nos que prime a convivencia e interacción de persoas de diferentes idades.

Interxeracional é un termo que se refire á relación entre distintas xeracións. Para que unha sociedade exista necesítase, entre outras cousas, unha conexión entre as sucesivas xeracións. Un exemplo é o concepto de familia que se apoia na solidariedade interxeracional: as persoas adultas coidamos e criamos aos nosos fillos e fillas. Sen esa relación, a sociedade extinguiríase.

Agora ben, queremos poñer o énfase no proceso á inversa e é que existen evidencias produto da investigación que demostran que o bo contacto interxeracional mellora as actitudes que as xeracións máis novas teñen cara ás persoas maiores, diminúe os estereotipos negativos asociados coa idade e tamén o sentimento de certa ansiedade que a algunhas persoas lles produce o seu propio avellentamento. 

En suma, os proxectos interxeracionais son importantes porque :

  • Concilian as diferenzas entre xeracións
  • Aproveitan a heteroxeneidade das xeracións para xerar progreso social.
  • Constrúen unha cultura de respecto pola diversidade.

Por iso, co ciclo temático "De meu, de teu, de seu" xunto a unha pequena mostra de material bibliográfico e documental no que afondar na temática das relacións interxeracionais, levaremos a cabo unha serie de actividades nas que primen as relacións entre persoas de diferentes idades co obxectivo de diminuír as barreiras de tempos, espazos, actitudes e coñecementos que, en moitos casos, separan ás distintas xeracións á hora de vivir e convivir na nosa cidade. 

Folleto programación

Busca en el catálogo

Buscador de actividades

Escribe la palabra o palabras que deseas buscar

Si lo prefieres, puedes realizar tu búsqueda combinando distintos criterios. Sólo tienes que acceder a la búsqueda avanzada

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión