Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Alcaldía

Faladoiro: De cero a cen: Espazos para a relación interxeracional dentro da música tradicional.

Por tipo de actividade:

Charlas e debates

Por tipo de público:

Para público en xeral

Cando:

27/04/2022

Este evento xa rematou

Inscricións:

Acesso libre até completar capacidade

Horario:

Das 19.00 ás 20.00 horas

Duración:

1 h.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.gal

Tel.: 981 184 298

Actividade enmarcada dentro do Ciclo Temático "De meu, de teu, de seu: a importancia da convivencia interxeracional na sociedade".

O mércores 27 de abril ás 19:00 h. temos na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano un faladoiro co músico e investigador Xurxo Fernandes sobre a convivencia de diferentes xeracións nas ruadas do folclore tradicional e a importancia de que estes encontros de lecer permanezan.

Da man do músico e investigador Xurxo Fernandes achegarémonos á interxeracionalidade como elemento singular dentro do folclore: pasado, presente e futuro das ruadas nas que desaparece a división etaria. Descubriremos cales son as claves para afianzar estes espazos e como contribuír desde o ensino a fornecer códigos que permitan o funcionamento actual e futuro deste fenómeno de lecer. Xurxo Fernandes leva máis de 25 anos dedicado á investigación e difusión da música tradicional. Posgraduado en Especialización de Música Tradicional Galega pola USC a súa traxectoria en traballo de campo comeza aos 14 anos. É membro fundador e director de diversas agrupacións musicais, no ámbito da docencia leva impartido cursos de música patrimonial tanto en Galicia como como no exterior, Venezuela, Alemaña, Cuba, Bélxica, Francia, México, Arxentina, Polonia... Fundador de Radio Cos ten participado como artista nos principais festivais de música de raíz internacionais.

Tamén che pode interesar

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión