Cursos e formación
Persoas adultas
+14 anos
Dende o 16/02/2026 ata o 20/03/2026
Dende o 09/02/2026 ata o 15/02/2026
09.30-12.30 horas
15 horas
Biblioteca Municipal Monte Alto. Rúa Vereda del Polvorín 2-4, 3º. 15002 A Coruña
Áula de Informática
bmontealto@coruna.gal
981 184 382
Esquece as colas, xestiona desde a casa.
Aprende a xestionar todos os teus asuntos administrativos de forma rápida e sinxela desde o teu computador ou smartphone. O noso curso ensinarache a xerar a túa identificación dixital e utilizar as ferramentas dixitais máis importantes como a Cl@ve ou DNIe para realizar trámites como a declaración da renda, solicitar axudas e bolsas, renovar o paro e moito máis.
Queres saber ...
Programa de formación en competencias dixitais para un uso creativo, crítico e seguro das tecnoloxías dixitais que permita alcanzar obxectivos relacionados co traballo, a empregabilidade, a aprendizaxe, o uso do tempo libre, a inclusión e a participación na sociedade.
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible