Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Bibliotecas Municipales

Alcaldía

Primaletras: Acto de apertura. Recital Poético guiado por Dores Tembrás

Por tipo de actividad:

Encuentros y presentaciones, Conciertos y recitales

Por tipo de público:

Personas adultas

Cuándo:

21/03/2022

Ya ha finalizado

Inscripciones:

Entrada libre ata completar a capacidade.

Horario:

20.00 horas.

Dirección:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Hashtag:

#PrimaLetras

Contacto:

bagora@coruna.gal

981 189 886

Actividade incluída na programación do Festival literario e cultural “PrimaLetras” posto en marcha na cidade da Coruña para celebrar as efemérides relacionadas co libro e a lectura dos meses da primavera (marzo/maio)

Encontro poético coas laureadas poetas galegas Yolanda Castaño, Estíbaliz Espinosa, Emma Couceiro, Lucía Aldao e María Lado. Guiado pola poeta, xestora cultural, filóloga e editora Dores Tembrás.

Dores Tembras (Bergondo, 1979)

Poeta e doutora en Filoloxía pola Universidade da Coruña (UCD), Dores Tembrás é especialista ademais na obra de Alejandra Pizarnik.

Publica no ano 2009 o seu primeiro poemario, "O pouso do fume" -finalista dos premios da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) 2010 na categoría de poesía- e no ano 2012 o álbum infantil "O peizoque Roque", ilustrado por Xosé Tomás. En 2013 recibe o galardón Premio da Poesía Concello de Carral pola obra "Cronoloxía da urxencia", editado en Espiral Maior.

No ano 2014 funda, xunto a Antía Otero, o proxecto literario editorial Apiario.

Conversa no blog Suma Ágora con Dores con motivo do #8M no ano 2017: "Ser muller cada día supón un reto e supón mirar cara a necesidade de mudar as cousas"

Sobre as poetas participantes

Yolanda Castaño (Santiago de Compostela, 1977)

Escritora e xestora cultural ademais de creadora e coordinadora dunha das citas poéticas máis importantes na cidade: o ciclo Poetas Di(n)versos, que se desenvolve con carácter mensual no Centro Ágora.

Muller polifacética (guionista, presentadora de television, comisaria de mostras de arte e poesía, tradutora) e creadora recoñecida, entre outros, cos seguintes galardóns: Premio da Crítica e Premio Johán Carballeira por "Vivimos no ciclo das Erofanías" (1998), Premio Espiral Maior por "Profundidade de campo" (2007), Premio de Poesía Afundación por "A segunda lingua" (2014).

Estíbaliz Espinosa (A Coruña, 1974)

Licenciada en Socioloxía e Filoloxía Hispánica pola Universidade da Coruña (UDC), Estíbaliz Espinosa desenvolve a súa actividade como escritora, creadora e tradutora. Compaxina a súa carreira profesional no eido literario coa música -é mezzosoprano- , ademais de definirse como astrónoma afeccionada.

Publicou numerosos poemarios, entre eles: "Pan (Libro de ler e de desler)" , Premio Esquío de Poesía 1999; "Número e", Premio de Poesía Espiral Maior 2001; "...as neuronas irmás...", Premio de Poesía Afundación 2017. En xaneiro de 2020 recibiu o Premio Modesto Rodríguez Figueiredo polo seu texto titulado "23 xeitos de inventar unha constelación".

Emma Couceiro (Cospeito, 1977)

Licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade da Coruña (UDC), Emma Couceiro obtén o V Premio Espiral Maior no ano 1997 co seu primeiro poemario "Humidosas". Participa no libro colectivo "Muller a fazer vento" no ano 1998 xunto a outras seis poetas galegas e obtén o X Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón polo seu libro "As entrañas horas".

Ten colaborado, como poeta ou como crítca, en varias revistas como "A Xanela", "Dorna", "Grial" ou "Festa da Palabra Silenciada".

Lucía Aldao (A Coruña, 1982)

Poeta coruñesa que desenvolve a súa carreira tamén como cantante, guitarrista, guionista e animadora cultural. Xunto á escritora María Lado forma equipo para desenvolver proxectos como o espectáculo poético "Onde estea un cubata que se quite un soneto" ou a exitosa proposta poética, humorística e musical denominada "Aldaolado".

Publica con Luis Walter Muñoz Fontenla a obra "Unha ducia máis un" (2005) e no ano 2018 sae á luz o seu primeiro libro de poemas en solitario "Todo isto antes era noite".

María Lado (Cee, 1979)

Licenciada en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), María Lado é poeta e narradora. Comeza a escribir sendo moi nova no núcleo do Batallón Literario da Costa da morte, onde participou das tres antoloxías poéticas editadas do colectivo.

Destacan na súa obra os libros "Casa atlántica, casa cabaret", "Berlín", "Nove" (Premio de Poesía Avelina Valladares, 2007) ou "oso, mamá, si?" (Premio de poesía na Gala do Libro Galego, 2016).

Desde o ano 2005 mantén coa poeta Lucía Aldao varios recitais escénicos baixo o nome Aldaolado, entre os que destacan "Onde estea un cubata que se quite un soneto", "Moita poesía, pouca diversión", "Con dez poemas por barba" ou "After".

Las inscripciones

¿Plazas agotadas y lista de espera activa? Apúntante! Te explicamos por qué. + info

Para tener en cuenta

En el transcurso de todas las actividades el personal bibliotecario realiza fotografías con el único objetivo de subirlas luego a los escaparates virtuales, redes sociales y/o incluirlas en carteles o guías en los que se publicitan los programas, actividades y servicios de las bibliotecas.

Si no deseas salir en estas fotografías, por favor, habla con nosotros antes del inicio de la actividad.

Buscador de actividades

Escribe la palabra o palabras que deseas buscar:

Si lo prefieres, combina distintos criterios en la búsqueda avanzada o busca en un calendario

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión