Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Bibliotecas Municipales

Área de Fomento y Promoción de la ciudad

Planta historias e o mundo florecerá: Contacontos e obradoiro "Bombas de sementes"

Por tipo de actividad:

Cuentacuentos, Talleres

Por tipo de público:

Infantil, Familias

¿A quién va dirigido?:

Dirixido a familias con crianzas con idades comprendidas entre os 4 e os 8 anos.

Cuándo:

13/04/2026

Inscripciones:

Desde el 06/04/2026 hasta el 13/04/2026

Require inscrición.

Horario:

18.00 horas.

Dirección:

Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña

Contacto:

bagora@coruna.gal

981 189 886

Celebramos o Día do Libro Infantil e Xuvenil plantando historias! Achégate á Biblioteca Ágora e desfruta en familia do contacontos "Planta historias e o mundo florecerá" e o obradoiro Bombas de Sementes.

Con motivo do Día do Libro Infantil e Xuvenil, o luns 13 de abril ás 18.00 h na Biblioteca Ágora desfrutaremos do contacontos "Planta historias e o mundo florecerá" e do obradoiro Bombas de Sementes.

Comezaremos co conto "¡Flores!", do recoñecido artista, ilustrador e autor de literatura infantil Hervé Tullet. A continuación, leremos xunto coas familias a mensaxe oficial do Día Internacional do Libro Infantil 2026, elaborado por Elena Perikleous e traducido ao galego por Raquel Senra.

Pecharemos a sesión cun obradoiro de xardinería, no marco do grupo de traballo Biblioteca Verde das BMC, impartido por Somos Terra, no que se planten sementes e se confeccionen ramos de historias.

Sobre Somos Terra

Somos Terra é unha cooperativa galega que ten por obxecto educar, sensibilizar e implicar aos diferentes axentes da sociedade para activar a sustentabilidade no territorio.

Traballan a prol da transformación socioecolóxica na realidade local a través de proxectos para a cooperación local e a participación social.

Mensaxe oficial do Día do Libro Infantil (ICBD) 2026

Planta historias e o mundo florecerá 

Elena Perikleous. Tradución ao galego por Raquel Senra (GÁLIX).

Había unha vez unha crianza que ansiaba vivir mellor que os heroes dos contos de fadas, que só vivían felices para sempre.

A crianza medraba e cambiaba, lía e transformábase.Transformábase en Don Quixote e loitaba contra os muíños de vento.Transformábase en Alicia e daba vida á marabilla.

Transformábase en Robin Hood e salvaba os bosques.Transformábase en lobo e xuntaba mandas que cantaban á lúa.

Os anos pasaban, mais o mundo non cambiaba como o soñara.Con todo, conseguiu crear o seu propio mundo e, nun patio con xardín, meteu todo o que amaba.Pasaron máis anos e, a medida que gañaba sabedoría coas lecturas, atopou a solución.

Chegou o outono. Arou ben a terra e sementouna.Despois chegou o inverno. Agardou a que o manto branco se derretese e, coa marabillosa compañía dos libros, conseguiu ser paciente.

Na primavera, agromaron as primeiras follas.Medraron troncos e pólas, apareceron gromos. A súa alma encheuse de cores e recendos.

No verán?Barcos, veleiros, globos aerostáticos, bicicletas... Viaxaba por todas as partes!

Agora sabía con certeza que esta era a única maneira de cambiar o mundo.E dedicouse a sementar.A sementar historias máxicas.

Sementaba palabras, fertilizaba imaxes, esculpía maxia, regaba a imaxinación e as historias xermolaron.

E logo? Podaba o amor e regalaba ramos de flores á xente que pasaba pola rúa.Ramos de paz, de esperanza, de forza, de fe no imposible.Ramos de pequenos milagres para todas as persoas.

Cada primavera, o dous de abril, as historias que plantou facían florecer o mundo.

Ah! E cos obradoiros de xardinería, compartía todo o que sabía con persoas grandes e pequenas.

E o seu xardín converteuse no Xardín da Esperanza e o seu patio, no Patio dos Milagres.Sempre está alí coa súa maxia desenredando fíos vermellos de historias.

Las inscripciones

¿Plazas agotadas y lista de espera activa? Apúntante! Te explicamos por qué. + info

Para tener en cuenta

Para el correcto desarrollo y aprovechamiento de las actividades se ruega puntualidad ya que no se podrá acceder al espacio pasados 5 minutos de la hora de inicio. 

En el transcurso de todas las actividades el personal bibliotecario realiza fotografías con el objetivo de subirlas luego a los escaparates virtuales, redes sociales y/o incluirlas en carteles o guías en los que se publicitan los programas, actividades y servicios de las bibliotecas.

Si no deseas salir en estas fotografías, por favor, habla con nosotros antes del inicio de la actividad.

Buscador de actividades

Escribe la palabra o palabras que deseas buscar:

Si lo prefieres, combina distintos criterios en el buscador de Actividades en las bibliotecas o busca En calendario

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión