Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Alcaldía

Biblioteca Municipal Ágora

Enderezo:

Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña

Teléfono:

981 189 886

Fax:

981 189 887

Páxina web:

http://www.coruna.gal/bibliotecas

Horario:

Horario

  • Inverno
    • Luns a venres de 9.00 a 20.30 h, excepto os martes, que pecha de 14.00 a 16.00 h.
    • Sábados de 10.00 a 14.00 h e de 17.00 a 20.30 h.
  • Nadal (pechada os días 24 e 31 de decembro)
  • Semana Santa (pechada o sábado)
  • Verán (15 de xuño a 30 de setembro)
    • Luns, mércores, xoves e venres: de 9.00 a 20.30 h
    • Martes: de 9.00 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h
    • Sábado: de 10.00 a 14.00 h
  • Semana grande (primeira semana completa despois do primeiro domingo de agosto)
    • Luns a venres de 09.00 a 13.00 h e de 16.00 a 19.30 h.
    • Sábado pechada.

Fóra destes horarios a devolución de libros farase na caixa de correos da porta principal .

Como chegar

Localiza a biblioteca no mapa da cidade e visítanos! Se vas facelo en medios de transporte públicos ou en bicicleta esta información serache útil:

Liñas de bus urbano

Liña 7 - Liña 12A - Liña 14

Estacións de bicicletas

Que me ofrece esta biblioteca

Nesta biblioteca, como nas outras sete, atoparás bibliotecarios e bibliotecarias dispostos a axudarche no que necesites.

Cada persoa ten o seu espazo na biblio: hai zonas especialmente pensadas e deseñadas para bebés, nenos e nenas, mozos e mozas e persoas adultas.

Dispón de múltiples materiais para levar en préstamo, música e cinema, computadores de acceso público, conexión wifi, aulas para traballos en grupo ou para o autoaprendizaxe, consolas e videoxogos...

Busca e descobre todas as actividades e cursos que che ofrece esta biblioteca e as demais da Rede

Máis información

A Biblioteca Municipal Ágora, inaugurada en 2012, é a de maior tamaño de todas as que forman a Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña xa que supera os 1700 metros cadrados.

Situada xeograficamente á beira do histórico Barrio de Mariñeiros, dá servizo a unha ampla zona xeográfica, un importante volume de poboación que supera os 20.000 habitantes (San Pedro de Visma, parte de Labañou, Mariñeiros, Peruleiro, Agra do Orzán, Ventorrillo, A Silva e Cances).

A Biblioteca atópase dentro do Centro Ágora, un equipamento municipal integrado e cunha variada programación dirixida a todo tipo de públicos.

A biblioteca actúa como un equipamento sociocultural de proximidade, dando servizo e atención ao conxunto dos veciños da súa zona de influencia.

Consulta as cifras desta e outras bibliotecas

Actividades relacionadas

Próximas actividades nesta biblioteca

  • Merendas con contos: Animais do bosque

    Cando:

    03/10/2022

    Inscricións:

    Dende o 26/09/2022 ata o 03/10/2022

    Require inscrición.

    Horario:

    De 18.00 a 19.00 h.

  • Club de lectura da Gramela

    Cando:

    03/10/2022

    Os luns, con periodicidade quincenal.

    Inscricións:

    Dende o 15/09/2022 ata o 03/10/2022

    Require inscrición.

    Horario:

    19.00 a 20.30 h.

  • Club de lectura virtual Ágora

    Cando:

    04/10/2022

    Os martes, con periodicidade quincenal.

    Inscricións:

    Dende o 15/09/2022 ata o 04/10/2022

    Require inscrición.

    Horario:

    19.00 a 20.30 h.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión