Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Bibliotecas Municipales

Área de Fomento y Promoción de la ciudad

Verás que verán

As Bibliotecas Municipais poñemos en marcha unha campaña durante este verán destinada a todas as idades.

En Verás que verán atoparás accións e actividades onde os protagonistas son os libros, a música, as películas... e a lectura.

  • Contacontos
  • Recomendacións de lecturas
  • Mostras bibliográficas
  • Podcast
  • Préstamos de lotes de material

As bibliotecarias contan no verán

Damos continuidade durante os meses de verán á nosa programación de actividades destinadas para os/as máis pequenos e pequenas da casa. As bibliotecarias, tamén, contan no verán.

Tedes unha cita todos os vernes de xuño, xullo e agosto ás 11:00 horas no Instragram das Bibliotecas Municipais da Coruña @bibcoruna.

Recomendamos lecturas: Guía de lectura 

Durante este verán o persoal bibliotecario seguimos facendo un dos traballos que máis nos gusta: recomendar lecturas. Por iso elaboramos unha guía de lectura con recomendacións de libros para todas as idades de infantil e xuvenil que de seguro contribuirán a poder viaxar coa imaxinación no espazo e no tempo, rir a gargalladas ou estremecervos de medo, lembrar outras épocas ou mesmo aguzar o enxeño ante un misterio. 

Ademáis, na Biblioteca Ágora elaboraron a guía Lecturas refrescantes, que recolle unha selección do máis fresco incorporado á biblioteca.

Mostras bibliográficas:

  • San Xoán a través dos seus carteis: a colección de carteis que sobre a noite meiga alberga a biblioteca de Estudos Locais.
  • As Municipais Entenden: un ano máis festexamos o día do Orgullo falando de diversidade.
  • Le, viaxa, sóña... e Verás que verán: neste verán postconfinamento, tan diferente, queremos, pouco a pouco, volver á normalidade. No ciclo de verán Le, viaxa, soña...atoparedes unha serie de lecturas e cancións que vos farán viaxar a distintos lugares, sen necesidade de facer a maleta.
  • Sobre os dereitos civís

Dáte ao lote e verás que verán:

Preparamos unha selección de lotes de materias para levar en préstamo. Estes lotes están categorizados por tramos de idade e por temática. Podes tramitar a solicitude do lote de material dende o formulario dispoñible na nosa páxina web ou chamando á biblioteca máis próxima. E coma sempre, tamén intentaremos dar resposta ás necesidades particulares.

Lemos para ti:

Durante os meses de verán lemos para tí e acompañámoste a través da voz no noso podcast.

Guía de lectura recomendacións para o verán

Busca en el catálogo

Buscador de actividades

Escribe la palabra o palabras que deseas buscar

Si lo prefieres, puedes realizar tu búsqueda combinando distintos criterios. Sólo tienes que acceder a la búsqueda avanzada

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión