
O 23 de abril as Bibliotecas Municipais da Coruña convidan a toda a cidadanía a celebrar o Día do Libro baixo o lema "Un libro, unha historia" participando nas actividades programadas e visitando as bibliotecas para descubrir os libros que gardan e as súas fascinantes historias.
O acto central terá lugar na Biblioteca Municipal de Estudos Locais, o propio xoves 23 de abril, ás 19:30 horas, e consistirá no parladoiro "A lectura é un dereito humano?", coa intervención do profesor de Dereito Constitucional Fernando Flores, quen formulará a posibilidade de abordar a lectura como un dereito humano, acompañado por Daniel Granados, investigador e xestor experto en dereitos culturais.
Neste diálogo reflexionarase sobre o acceso á lectura como ferramenta de igualdade, cidadanía e liberdade, e da lectura como dereito clave para garantir o exercicio e cumprimento dos dereitos humanos.
A asistencia ao parladoiro, dirixido a calquera persoa interesada no tema e, especialmente, a profesionais do mundo do libro, a xestión cultural e a intermediación literaria, será de entrada libre ata completar capacidade.
Ademais deste diálogo, festexarase o Día do Libro, como vén sendo habitual, con soltas de libros nos arredores das bibliotecas, e con mostras, recomendacións e outras accións especiais para esta data.
Tamén che pode interesar
Tamén che pode interesar
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible