Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Bibliotecas Municipales

Área de Fomento y Promoción de la ciudad

Festival Mar de Mares 2022

Colle a onda da gran festa do Océano!

A Coruña loce orgullosa o seu carácter atlántico durante os días de setembro nos que o Festival Mar de Mares a converte na capital do mar: arte, ciencia, activismo, educación, gastronomía, deporte e emprendimento, todos os sectores e axentes da cidade unen forzas para converter Mar de Mares nun evento único por e para o océano do que as bibliotecas tamén queremos participar.

Se queres vivir o mar dunha forma diferente, dá unha volta polas bibliotecas, nelas atoparás un sen fin de relatos sobre os océanos que che farán vibrar coma se estiveses a tripular unha goleta. Podes tamén acceder ao catálogo en liña e visualizar na pantalla algún destes materiais.

Desde as aventuras do Capitán Ahab ao desconsolo do pai de Nemo, enrólate nas Bibliotecas Municipais da Coruña e o seu programa Biblioteca Verde , un espazo para informar, reflexionar e compartir.

Desde o 5 ao 18 de setembro en cada unha das Bibliotecas Municipais atoparás un punto de Interese con libros e material audiovisual sobre os océanos e os mares.

O festival

A Coruña será de novo a capital mundial do océano. Chega o IX Festival Mar de Mares para celebrar a paixón polo medio mariño e para reivindicar o compromiso coa súa conservación.

Entre os días 15 e 18 de setembro a cidade será máis mariñeira ca nunca. O festival desembarca cun programa épico, cheo de actividades. Desde exposicións, encontros inspiradores e gastronomía ata música, ecoturismo e, como non, moito activismo para coidar do noso océano.

Poderemos descubrir aos últimos grandes aventureiros do mar que chegaron ao Polo Sur, tamén coñeceremos á muller (galega) que cruzou soa a Antártida e outra (catalá neste caso) contaranos como é bailar con quenllas e dedicar a vida a coidalas. Haberá visitas á lonxa e poderase degustar deliciosos produtos do mar cociñados por grandes chefs. 

Para mergullar en Mar de Mares e non perder nada, consulta o programa en www.festivalmardemares.org e mantente informado/a a través das redes sociais.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión