Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

BiblioTECH. Campus de Semana Santa: Mecánica e estruturas con Lego Technic

Por tipo de actividade:

Cursos e formación, Talleres

Por tipo de público:

Infantil, Xuvenil

Cando:

Dende o 14/04/2025 ata o 16/04/2025

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 07/04/2025 ata o 14/04/2025

Require inscrición.

Horario:

Das 11.00 ás 13.30 h

Enderezo:

Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña

Requisitos:

De 9 a 15 anos

Hashtag:

#biblioTECH

Contacto:

bduranloriga@coruna.gal

Tel.: 981 184 388

Adentrámonos na robótica e mecánica creando estruturas de xeito divertido!

Esta Semana Santa comezamos, na Biblioteca Durán Loriga, os talleres do programa BiblioTECH para o ano 2025 da man de Code Monsters.

Neste I Campus tecnolóxico do ano utilizaranse as pezas de Lego Technics para achegármonos a conceptos básicos de mecánica e estruturas; tratarase o funcionamento de distintos mecanismos fundamentais para resolver problemas, usando rodas dentadas, poleas, motores etc. e acadar un proxecto final no que deseñar e construír o noso propio vehículo.

Anímaste? Pois só tes que inscribirte para os 3 días que dura o taller!

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios no buscador de ou Actividades nas bibliotecas busca En calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión