
Nace un novo ciclo temático na Biblioteca Os Rosales. Neste caso, ocupámonos da dos clásicos e as humanidades.
A recente concesión do Premio Princesa de Asturias de Comunicación e Humanidades 2023 a Nuccio Ordine, falecido lamentablemente pouco despois, semella unha boa ocasión para retomar o debate sobre a situación marxinal dos saberes humanísticos tanto no sistema educativo como no conxunto da sociedade actual, onde priman o pragmatismo e a rendabilidade. Na súa obra, o malogrado pensador, escritor e experto en literatura italiano fai unha reprobación desa deriva nos últimos anos e reivindica unha cultura orientada á formación de cidadáns libres e críticos, con capacidade para pensar por si mesmos.
Tomando o seu traballo como punto de partida e inspiración, na Biblioteca Municipal Os Rosales propoñemos o ciclo temático A utilidade do inútil. Unha defensa dos clásicos e as humanidades, co que pretendemos reflexionar sobre o sentido do pensamento humanístico e o valor dos clásicos. Estes son os seus contidos:
O ciclo temático consta dos seguintes contidos:
También te puede interesar
También te puede interesar
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible