Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Conversa. Unha defensa dos clásicos: Por que seguimos lendo a Stefan Zweig?

Por tipo de actividade:

Charlas e debates

Por tipo de público:

Persoas adultas

A quen vai dirixido?:

+ 18 anos

Cando:

21/11/2023

Xa rematou

Inscricións:

Entrada libre ata completar a capacidade

Horario:

18.30 h

Enderezo:

Biblioteca Municipal Os Rosales. Praza Elíptica 1, 1º. 15011 A Coruña

Hashtag:

#AUtilidadeDoInútil

Contacto:

brosales@coruna.es

981 184389

Aventúrate a descubrir un novo tema de interese, a ampliar información e contrastar ideas, coñecementos opinións arredor de temas de actualidade ou de interese xeral.

A recente concesión do Premio Princesa de Asturias de Comunicación e Humanidades 2023 a Nuccio Ordine, falecido lamentablemente pouco despois, semella unha boa ocasión para retomar o debate sobre a situación marxinal dos saberes humanísticos tanto no sistema educativo como no conxunto da sociedade actual, onde priman o pragmatismo e a rendabilidade. Na súa obra, o malogrado pensador, escritor e experto en literatura italiano fai unha reprobación desa deriva nos últimos anos e reivindica unha cultura orientada á formación de cidadáns libres e críticos, con capacidade para pensar por si mesmos.

Tomando o seu traballo como punto de partida e inspiración, na Biblioteca Os Rosales propoñemos unha reflexión sobre o sentido do pensamento humanístico e o valor dos clásicos coa conversa 'Unha defensa dos clásicos: Por que seguimos lendo a Stefan Zweig?' a cargo de Javier Pintor, que se enmarca dentro do ciclo temático A utilidade do inútil. Unha defensa dos clásicos e as humanidades.

Os clubs de lectura Café con libros descubriremos xuntas varias obras do escritor e compartiremos conversa co profesor de literatura e dinamizador cultural Javier Pintor, todo un referente para nós na cidade en canto a encontros literarios se refire.

Queres saber ...

  • Charlas, conferencias e debates

    En que consisten as charlas?

    Soas ou en colaboración, as bibliotecas organizan charlas, conferencias, debates. Poden ser unha boa opción para achegarse a un tema de actualidade ou de interese xeral, e unha alternativa máis para descubrir cousas novas ou afondar nas que xa coñeces, para alimentar a reflexión persoal e/ou debater e compartir con outras persoas.

    Colaboramos con expertos, programamos con entidades e asociacións da nosa contorna, especializadas en ámbitos diversos e ademais, recollemos todas as suxestións que nos chegan para mellorar a oferta día a día.

    Para quen queira seguir pescudando procuramos seleccionar todo tipo de materiais: libros, revistas, documentais, recursos web etc. relacionados e ofrecelos en forma de guías de lectura, mostras, seleccións de recursos ou nos centros de interese que atoparás nas bibliotecas.

    Se hai algún tema que che interese, se pertences a unha organización especializada en algo concreto e queres difundir o seu coñecemento e a súa actividade, ou se sabes dun tema e estráñalo na oferta das bibliotecas envíanos a túa proposta, axudaranos.

    Máis información

Tamén che pode interesar

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios no buscador de ou Actividades nas bibliotecas busca En calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión