Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Bibliotecas Municipales

Área de Fomento y Promoción de la ciudad

Corufest 2020: artes escénicas pola diversidade afectivo sexual

Detalle do cartaz, creado por Cachorro Lozano

O festival Corufest aterra nas bibliotecas!

Corufest, o festival artes escénicas pola diversidade afectivo sexual, na súa edición 2020 ten unha nutrida programación que abrangue a danza, a escrita, a música, o teatro e as artes plásticas. Nomes como Bárbara Sánchez, Roy Pardo, Roy Galán, Rodrigo Cuevas ou Cahorro Lozano visitarán a cidade entre o 8 e o 11 de outubro.

O festival  trata de visibilizar a liberdade afectivo-sexual e favorecer o diálogo e a inclusión, obxectivos que comparte coa Rede de bibliotecas e a súa iniciativa "As municipais entenden", posta en marcha no ano 2012.

Na súa edición 2020, o festival elixe a Biblioteca Ágora como o escenario no que se desenvolverá un encontro co gañador do Premio Krámpack 2019, outorgado polo Festival Internacional LGTB de Extremadura: Roy Galán. Ademais disto, Patrick Dopico participará nunha edición especial de Libros Vivintes, programa activo na Biblioteca Ágora desde o 2013, e no que nos achegamos á vida da veciñanza coa idea de saber máis da súa experiencia e traxectoria no barrio, do seu quefacer persoal e profesional e da súa vivencia do ámbito cultural e social da contorna.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión