Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Cómic adulto

Comic adulto

A banda deseñada tamén é literatura para persoas adultas. Descubre novelas gráficas, manga, clásicos, humor, ensaio, biografías e obras que exploran todos os xéneros e temáticas desde a forza da narración gráfica.

O cómic é un medio narrativo que leva décadas demostrando a súa capacidade para contar historias complexas, emocionantes e innovadoras. A través da combinación de texto e imaxe aborda todo tipo de xéneros: novela gráfica, humor, historia, memoria, biografía, ciencia ficción, fantasía, policiaco, divulgación, ensaio ou actualidade, entre moitos outros.

Nas Bibliotecas Municipais da Coruña atoparás unha ampla colección pensada para persoas lectoras adultas, con clásicos imprescindibles da banda deseñada europea e americana, manga, obras de autor, banda deseñada galega e as principais novidades editoriais. Un fondo que reúne tanto grandes referentes do cómic como voces contemporáneas que están a transformar a maneira de contar historias.

Fondo Toñito Blanco

Fondo Toñito Blanco

A Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano conserva o Fondo Toñito Blanco, unha das coleccións de banda deseñada máis destacadas de Galicia e un referente para todas as persoas afeccionadas ao cómic.

Integrado por máis de 3.000 exemplares, este fondo constitúe un auténtico percorrido pola historia da banda deseñada dos últimos cincuenta anos e permite coñecer a evolución editorial do cómic en España, desde as publicacións dos anos cincuenta ata o auxe das décadas dos setenta e oitenta e os cambios experimentados nos anos noventa.

A colección destaca pola súa variedade e valor documental. Reúne comic books, banda deseñada europea, manga, publicacións humorísticas e coleccións emblemáticas, conservando sempre que foi posible o seu formato orixinal. A súa organización por personaxes, autores e coleccións facilita a consulta e respecta a historia editorial de cada obra.

Na actualidade, a práctica totalidade do fondo está en acceso directo na Biblioteca Fórum Metropolitano. Debido ao seu interese patrimonial, unha parte dos exemplares é de consulta en sala, mentres que o resto pode levarse en préstamo.

Sabías que...?

  • O Fondo Toñito Blanco reúne máis de 3.000 cómics.
  • A colección de banda deseñada da Biblioteca Fórum Metropolitano supera os 4.000 exemplares.
  • Os cómics representan arredor do 12 % dos fondos da biblioteca.
  • ️ O préstamo de cómics supón habitualmente entre o 20 % e o 25 % do total dos préstamos de ficción da biblioteca.
un comic para cada persoa

Qué podes atopar?

A colección de banda deseñada das Bibliotecas Municipais da Coruña reúne obras para todos os gustos e intereses. Desde os grandes clásicos ata as últimas novidades editoriais, pasando polo manga, a novela gráfica ou a banda deseñada galega, ofrecemos unha ampla selección de títulos para descubrir novas historias e volver aos personaxes de sempre.

Novela gráfica

Obras que exploran historias persoais, memoria, historia, ciencia ficción, humor ou compromiso social a través dunha narrativa gráfica de gran calidade. Un formato que ampliou os límites da banda deseñada e consolidou o seu valor literario e artístico.

Manga

A banda deseñada xaponesa ocupa un lugar destacado nas nosas coleccións. Aventuras, fantasía, deporte, romance, misterio ou ciencia ficción conviven cunha gran variedade de series e autores para persoas lectoras de todas as idades.

Banda deseñada galega

A creación galega vive un dos seus mellores momentos. Nas bibliotecas apostamos pola difusión da banda deseñada feita en Galicia, con obras en galego e castelán, autores e autoras de referencia e novas voces que están a renovar o panorama do cómic.

Desde os pioneiros ata as últimas novidades editoriais, a colección permite descubrir a riqueza e diversidade da banda deseñada galega, un patrimonio cultural que forma parte da nosa identidade e que continúa medrando ano tras ano.

Clásicos imprescindibles

Personaxes e series que marcaron a historia da banda deseñada e que continúan conquistando novas xeracións de persoas lectoras. Un percorrido polos grandes referentes do cómic europeo, americano e internacional.

Humor gráfico

Historias cheas de ironía, sátira e enxeño, protagonizadas por personaxes inesquecibles e publicacións que forman parte da historia do cómic e do humor.

Superheroes

As aventuras dos grandes heroes e heroínas do cómic conviven con historias contemporáneas que reinventan os universos clásicos e exploran novas maneiras de entender este xénero.

Historia, biografía e divulgación

A banda deseñada tamén é unha excelente ferramenta para aprender. Nas nosas coleccións atoparás cómics que explican feitos históricos, achegan biografías de personaxes relevantes ou divulgan coñecemento científico, filosófico e social dunha forma visual e accesible.

Sabías que...?

Galicia conta cunha destacada tradición na creación de banda deseñada e cunha nova xeración de autoras e autores recoñecidos dentro e fóra das nosas fronteiras. As Bibliotecas Municipais da Coruña apoian a súa difusión incorporando ás coleccións tanto obras de referencia como as últimas novidades editoriais.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión