Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Bibliotecas Municipales

Área de Fomento y Promoción de la ciudad

Bebeto acenderá o alumeado de Nadal da Coruña o 28 de novembro en María Pita

Cuándo:

31 de octubre de 2025

O brasileiro, lenda do Deportivo, participará tamén nunha charla con escolares organizada polo Concello no Ágora o día 27

O alumeado de Nadal da cidade acenderase este 2025 o venres 28 de novembro. Bebeto, un dos mellores xogadores da historia do Real Club Deportivo, será o encargado de premer o botón, xunto a nenos e nenas da Coruña, que dará inicio ao período de Nadal. "É unha honra para nós que unha persoa tan querida por todos os coruñeses e coruñesas se prestase a abrir unha das épocas máis especiais do ano", indicou Inés Rey, alcaldesa da Coruña.

O acendido das luces de Nadal levarase a cabo na praza de María Pita, como xa ocorreu o pasado 2024. O acto será precedido por unha actuación para todos os públicos na que se levará a cabo un concurso de debuxos e un sorteo, no que os nenos e nenas participantes poderán optar a compartir con Bebeto o momento do acendido.

Ademais, o ex xogador brasileiro tamén participará o xoves 27 de novembro nun coloquio con escolares de centros públicos da cidade organizado polo Concello. Este encontro celebrarase no auditorio do Centro Sociocultural Ágora e nel afondarase nos valores do deportes aplicados á vida e á educación. Os nenos e nenas participantes poderán formular preguntar a Bebeto tras o encontro.

José Roberto Gama de Oliveira, coñecido como Bebeto, chegou ao Deportivo da Coruña no verán de 1992 procedente do Vasco da Gama, converténdose nunha das fichaxes máis emblemáticos da historia do club. No seu primeiro ano, proclamouse máximo goleador da liga española (Trofeo Pichichi) e fixo historia ao marcar contra todos os equipos do campionato nunha mesma tempada. 

Durante as súas catro campañas no Dépor, anotou 102 goles en 154 partidos oficiais, sendo unha peza clave do conhecido como Súper Dépor que loitou polo título de liga e conquistou a Copa do Rei en 1995 e a Supercopa de España. A súa relación co club e coa cidade de A Coruña foi tan estreita que, mesmo décadas despois da súa retirada, continúa expresando o seu cariño polos deportivistas e por Riazor. A súa etapa no Deportivo coincidiu co seu máximo esplendor como futbolista, sendo tamén campión do mundo con Brasil en 1994. Bebeto non só deixou unha pegada deportiva, senón tamén emocional, converténdose nun símbolo eterno do club galego.

Sigue buscando actividades similares...

Las inscripciones

¿Plazas agotadas y lista de espera activa? Apúntante! Te explicamos por qué. + info

Para tener en cuenta

Para el correcto desarrollo y aprovechamiento de las actividades se ruega puntualidad ya que no se podrá acceder al espacio pasados 5 minutos de la hora de inicio. 

En el transcurso de todas las actividades el personal bibliotecario realiza fotografías con el objetivo de subirlas luego a los escaparates virtuales, redes sociales y/o incluirlas en carteles o guías en los que se publicitan los programas, actividades y servicios de las bibliotecas.

Si no deseas salir en estas fotografías, por favor, habla con nosotros antes del inicio de la actividad.

Buscador de actividades

Escribe la palabra o palabras que deseas buscar:

Si lo prefieres, combina distintos criterios en el buscador de Actividades en las bibliotecas o busca En calendario

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión