Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Bibliotecas Municipales

Área de Fomento y Promoción de la ciudad

O historiador Ramón Villares e o músico coruñés Xurxo Souto, protagonistas da homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán no contexto do Festival Primaletras

Cuándo:

9 de mayo de 2022

A figura do escritor valdeorrés, homenaxeado este ano polo Día das Letras Galegas, será obxecto dun coloquio que se levará a cabo este mércores na Biblioteca Municipal de Estudos Locais

O Festival Primaletras encara a súa recta final coa celebración das actividades co gallo do Día das Letras Galegas. Como acto central da programación prevista, o recoñecido historiador Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega entre os anos 2006 e 2018, impartirá un coloquio sobre a figura do escritor Florencio Delgado Gurriarán, homenaxeado das Letras Galegas 2022, ademais de tratar problemáticas como o exilio ou a emigración tras a Guerra Civil española de 1936.

Delgado Gurriarán, nado en Córgomo (Vilamartín de Valdeorras) en 1903, licenciouse en Dereito e foi un grande activista a prol do galeguismo. Vencellado ás Irmandades da Fala, exiliouse en México no ano 1939, con motivo da Guerra Civil, despois de pasar por Portugal e Francia. Será a diáspora galega durante e tras a guerra o que centrará o debate e a exposición que terá lugar este mércores. Ademais, recorrerase tamén a súa excelsa obra literaria.

O acto previsto este mércores terá como colofón final un espectáculo de regueifa por parte do músico e artista coruñés Xurxo Souto, que estará acompañado do tamén músico Manuel Maseda. As composicións estarán inspiradas no famoso poema de Florencio Delgado Gurriarán 'Galicia infinda'.

A Biblioteca Municipal de Estudos Locais será o punto de encontro para as persoas asistentes a este coloquio, que terá lugar este mércores 11 (19.00 horas). O acto terá unha duración aproximada de hora e media, e a entrada será de balde ata completar capacidade.

Clausura do Festival Primaletras

O Concello de Coruña, a través da Rede de Bibliotecas Municipais, impulsou a creación do Festival Primaletras coa fin de aglutinar as actividades culturais e literarias que se levan a cabo na cidade durante a primavera. A programación de actividades implica, desde a posta en marcha do Festival Primaletras, ás oito bibliotecas municipais coruñesas, co obxectivo de achegar a programación aos barrios, e contribuír, así, á súa dinamización cultural.

Despois da celebración do Día da Poesía, o Día do Teatro, o Día do Libro Infantil e Xuvenil, o Día do Libro e o Día da Banda Deseñada, o colofón final deste festival serán os actos co gallo do Día das letras galegas. Ademais do coloquio sobre Florencio Delgado Gurriarán como acto central, levaranse a cabo múltiples actividades de diversas temáticas para todos os públicos: dende xogos infantís a encontros literarios e concertos. 

Xa este martes 10 (18.30 horas), e tamén no contexto dos actos polo Día das Letras Galegas, a biblioteca dos Rosales acolle un encontro literario coa escritora larachesa María Rei Vilas, premio García Barros 2020 por 'Flores de ferro'. O calendario completo de datas é o seguinte:

  • 10 de maio (18.30 horas): Encontro literario con María Rei Vilas. Biblioteca dos Rosales.

  • 11 de maio (19.00 horas): Coloquio sobre Florencio Delgado Gurriarán, impartida polo recoñecido historiador Ramón Villares. Biblioteca de Estudos Locais.

  • 18-19 de maio (De 17.00 a 19.00 horas): Escape Room. Xogos de enigmas arredor da figura de Florencio Delgado Gurriarán. Bibliotecas do Ágora, Castrillón e Durán Loriga.

  • 21 de maio (21.00 horas): Luar na Lubre actúa no concerto AgoraSón Primavera. Auditorio do Centro Sociocultural Ágora.

A programación completa do Festival Primaletras pode consultarse nesta ligazón.

Sigue buscando actividades similares...

Las inscripciones

¿Plazas agotadas y lista de espera activa? Apúntante! Te explicamos por qué. + info

Para tener en cuenta

Para el correcto desarrollo y aprovechamiento de las actividades se ruega puntualidad ya que no se podrá acceder al espacio pasados 5 minutos de la hora de inicio. 

En el transcurso de todas las actividades el personal bibliotecario realiza fotografías con el objetivo de subirlas luego a los escaparates virtuales, redes sociales y/o incluirlas en carteles o guías en los que se publicitan los programas, actividades y servicios de las bibliotecas.

Si no deseas salir en estas fotografías, por favor, habla con nosotros antes del inicio de la actividad.

Buscador de actividades

Escribe la palabra o palabras que deseas buscar:

Si lo prefieres, combina distintos criterios en la búsqueda avanzada o busca en un calendario

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión