Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Lecturas diversas, conversas sobre literatura infantil

Conversas sobre literatura infantil dirixidas a persoas interesadas na lectura infantil con especial atención á diversidade. Os títulos comentados abarcan xéneros, formatos e propostas moi diferentes, que permiten revisar como a diversidade é contemplada e manifestada na literatura infantil ao longo das últimas décadas.

Unha porta aberta á reflexión e ao descubrimento coordinada pola periodista e mediadora en lectura Sonia Hermida e articulada en sesións mensuais na Biblioteca Municipal Ágora, que abranguen dende xaneiro ata o mes de maio.

Se queres fomentar a lectura no fogar e tes pequenos/as con diversidade funcional, se es docente ou estudante dalgún grao en educación, logopedia, terapia ocupacional ou calquera outro ámbito no que se traballa con crianzas, literatura e inclusión, esta proposta é para ti. Únete a este grupo de aprendizaxe e desfrute da literatura infantil en torno á riqueza da diversidade!

Sobre Sonia Hermida Galán

Sonia Hermida Galán é xornalista, con experiencia na xestión de comunicación e creación de contidos, relación con medios, recensións etcétera. Nos últimos doce anos e despois de traballar e colaborar con diversos medios e institucións públicas, a súa experiencia profesional vinculouse ao mundo da educación e a literatura infantil.

Entre a súa experiencia profesional nesta última década destaca a xestión de marcas e tendas de produtos infantís, ademais de impartir formación en comunicación e literatura infantil e fomento lector. Impartiu diversas sesións de narración oral e contacontos. É colaboradora do proxecto educativo "Non violencia. Ti que miras? Actúa!".

Formouse ademais en educación inclusiva, xogo e estimulación, infancia e diversidade, literatura e inclusión, literatura e primeira infancia, aulas inclusivas, mediación lectora. Máster de Literatura Infantil e Xuvenil da Universidade de Zaragoza cun TFM centrado na mediación lectora e criterios de selección literaria na infancia con condición de discapacidade.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión