Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

International Games Month: Mes Internacional do xogo nas bibliotecas

As bibliotecas sumámonos á International Games Month at your Library, que ten lugar cada ano no mes de novembro co obxectivo de sensibilizar sobre os beneficios sociais e educativos do xogo.

A International Games Month at your Library, "Mes Internacional do Xogo na túa Biblioteca", é unha iniciativa internacional promovida pola ALA, American Library Association.

Desde hai varios anos, durante o mes de novembro as bibliotecas participantes -públicas, escolares e académicas- organizan actividades co obxectivo de sensibilizar sobre os beneficios sociais e educativos do xogo e xerar maior adhesión afectiva ás bibliotecas:

Porque os xogos, ademais de ser unha actividade que facemos para entreternos ou divertirnos, tamén fomentan a interacción social, transformando a biblioteca nun lugar para a convivencia, nun espazo motivador e vibrante con áreas para o xogo,

Palabras de Ana Ordás no seu artigo Día Internacional dos Xogos na Biblioteca.

Como xa fixemos outros anos, sumámonos a esta iniciativa na que bibliotecas de todo o mundo potencian a presenza dos xogos nas bibliotecas.

Nesta ocasión, as Bibliotecas do Fórum Metropolitano e a de Durán Loriga propóñenche estas iniciativas nas que se destaca o valor educativo, recreativo e social dos xogos.

Actividades programadas nas bibliotecas:

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á procura avanzada

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión