Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Bibliotecas Municipales

Área de Fomento y Promoción de la ciudad

Libros para ver

Libros para ver é un centro de interese que podes atopar nas bibliotecas Castrillón, Ágora e Os Rosales. Foi creado coa intención de agrupar libros de variada temática nos que o elemento predominante é a presenza dunha fotografía ou ilustración de alta calidade, e que sexan ademais documentos cun gran formato e vistosidade.

A quen se dirixe?

Esta selección está dirixida a todas aquelas persoas adultas interesadas no aspecto máis visual e estético dos libros.

Que materiais podo atopar?

A maior parte das obras que atoparás neste centro de interese son libros informativos xa que estes adoitan ter formatos máis grandes que os de narrativa. Predominan os libros de fotografía, arquitectura, escultura, pintura e outras artes. Un exemplo sería Sobre la lectura, de Steve McCurry.

Atoparás tamén, aínda que en menor medida, algunhas obras de ficción de grande formato e habitualmente con vistosas ilustracións ou fotografías, como pode ser El coloquio de los pájaros, de Peter Sís.

Libros para ver conta con máis de 400 documentos repartidos polas distintas bibliotecas da Rede. Lembra que se o material que che interesa está noutra biblioteca podes solicitar que cho enviemos á túa para que o leves en préstamo.

Busca en el catálogo

Buscador de actividades

Escribe la palabra o palabras que deseas buscar

Si lo prefieres, puedes realizar tu búsqueda combinando distintos criterios. Sólo tienes que acceder a la búsqueda avanzada

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión