Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Bibliotecas Municipales

Área de Fomento y Promoción de la ciudad

As municipais entenden

As municipais entenden

O orgullo atravesa o noso labor diario. 

Como bibliotecarias, vemos as diversidades sexuais e de xénero cada día. Nos mostradores, nas salas e mesas das bibliotecas, nas rúas... e, por suposto, dámoslles o seu espazo no momento de deseñar e de prestar servizos e actividades.

Cando afirmamos que o orgullo atravesa o noso labor diario, non é unha expresión baleira, xa que desde 2009, a raíz dunha formación realizada co asesoramento dunha asociación local, o persoal bibliotecario achegouse ás diversidades coñecendo de primeira man as necesidades do colectivo LGTB.

Tras iso, naceu a iniciativa "As municipais entenden" (2012) e convertemos nun dos selos das BMC a aposta pola visibilidade e normalización do colectivo LGTB+ nos nosos centros desde unha óptica transversal, apoiando, difundindo e garantindo o dereito da cidadanía ao acceso da cultura intrinsecamente queer.

En que consiste a iniciativa?

No marco da iniciativa, realizamos unha análise da presencia das diversidades nas bibliotecas que derivou na detección dunhas necesidades concretas que afectaban tanto ao fondo bibliográfico, como aos servizos e actividades.

  1. materiais abundantes pero dispersos,
  2. elaboración de guías específicas,
  3. recuperación web de materiais LGTB,
  4. transversalización da cultura LGTB,
  5. colaboración con administracións e outras entidades.

Tras esta fase de análise, perfiláronse as distintas tarefas que era preciso abordar e desenvolvéronse os traballos. Podes ampliar información no vídeo e no informe que achegamos, realizados en 2023.

Así, nunha década, o impulso a esta forma de facer transformouse en metodoloxía, unha dinámica e cultura organizativa que empezou a impregnar cada parte do noso quefacer diario, dando o seu espazo ás diversidades sexuais e de xénero de maneira activa.

Reavaliación tras unha década de traballo

En 2023 a iniciativa reavalíase para trazar novas e máis actualizadas liñas de actuación que dean cumprida resposta ás necesidades dunha sociedade e un colectivo que xa non son os mesmos que no ano 2012.

Como resultado desta avaliación organízase un equipo de traballo de Cultura LGTB integrado por persoas de distintas bibliotecas da rede que comeza a súa andaina en xaneiro de 2024 e cuxa primeira tarefa foi analizar a situación actual, validar os logros acadados e corrixir as posibles desviacións.

Liñas de traballo actualizadas

Desde ese momento, darase prioridade a unha serie de liñas de traballo de xeito inmediato:

  • Diversificar as diversidades na colección.
  • Diversificar a oferta de actividades: deseñar máis tipoloxías de actividades en torno ás diversidades sexuais e de xénero.
  • Consolidar a cultura LGTB na Rede.
  • Elaborar directrices de uso e nutrir colaborativamente as canles de difusión da cultura LGTB.
  • Visibilizar a Rede e a iniciativa a través de publicacións en revistas e comunicacións en Congresos.

Logros alcanzados

A día de hoxe, podemos destacar unha serie de logros exemplificativos e recoñecementos ao respecto da presencia da cultura LGTB nas BMC.

  • Tratamento técnico dos fondos: disponse dun tutorial de busca no OPAC, multiplicáronse o número de documentos etiquetados como LGTB, e xeráronse bibliografías dinámicas e automáticas.
  • Proceso físico e sinaléctica: créase unha sección específica e separada do resto nunha das BMC e márcanse con adhesivos multicor a práctica totalidade de exemplares de documentos LGTB das BMC, de forma que calquera persoa interesada nas realidades diversas identifique de maneira unívoca os materiais dispostos nas salas.
  • Difusión específica dos materiais LGTB: publícanse varias guías temáticas propias e apartados específicos en guías xerais, e créase, planifícase e adminístrase unha canle de difusión de cultura LGTB en Instagram, @queerunha.
  • Integración das realidades LGTB na oferta global de actividades e servicios das BMC: auméntase o número de actividades LGTB e atráese a novas persoas que contribúen a dinamizar a iniciativa.
  • Impulso á colaboración co tecido asociativo LGTB da cidade e con outras administracións: lógrase colaborar co 100% de asociacións LGTB da cidade e con outros organismos públicos (UDC, Deputación da Coruña).

Recoñecementos

En canto a recoñecementos, ademais de distinguirse a iniciativa en medios de comunicación en diversas ocasións, sinalar que o club de lectura QUEERuña, froito desta iniciativa, recibiu en 2025 o XXI Premio Elisa e Marcela, que concede o colectivo ALAS Coruña.

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe la palabra o palabras que deseas buscar

Si lo prefieres, puedes realizar tu búsqueda combinando distintos criterios. Sólo tienes que acceder a la búsqueda avanzada

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión