As bibliotecas somos un dos puntos de apoio presencial habilitados para ofrecerche a información e medios necesarios para que poidas facer as túas propostas aos Orzamentos.
Achégate á túa biblioteca e terás apoio directo para participar presentando as túas propostas, priorizar as que máis che gusten e/ou votar a/s que prefiras.
Calquera persoa empadroada na Coruña e maior de 16 anos pode propoñer algún investimento para a cidade e para os seus distritos. Para o exercicio 2019 destinaranse 3 millóns de euros: 1 millón para propostas que engloben toda a cidade e 2 millóns para repartir equitativamente entre os 10 distritos que a conforman.
Ademais de ser un dos puntos de apoio presencial, organizamos tamén un dos encontros abertos de debate e achega de propostas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible