
As bibliotecas combatemos a desinformación non só a través dos nosos recursos, como as coleccións de libros e prensa ou as bases de datos, senón tamén a través dun uso axeitado das novas tecnoloxías. E, por riba de todo, as bibliotecas somos un dique de contención contra a desinformación mercé ao noso persoal bibliotecario, que traballa como curador de contidos e apoio ás persoas usuarias na busca de información a través de fontes fiables e contrastadas.
Como diques contra a desinformación, as bibliotecas debemos garantir o cumprimento efectivo dos dereitos culturais da cidadanía, así como do acceso a fontes de información fiables e recursos de alfabetización informacional, sendo portas abertas á cultura e á información.
[Fonte: Ministerio de Cultura]
Este 24O pasamos á acción contra a desinformación!
Este 24 de outubro visibilizarémonos, informaremos sobre, e celebraremos o traballo das nosas bibliotecas en prol dos dereitos de acceso á cultura e a fontes de información veraces, así como recursos de alfabetización informacional, de xeito que fornezamos, estes días especialmente, a loita contra a desinformación.
Para iso, convidámoste a te unires a algunha das nosas propostas.
Do 20 ao 24 de outubro, nas bibliotecas:
Ruta bibliotecaria: sela o noso pasaporte a participa nas visitas guiadas!
Mostras: libros que quixeron silenciar.
Do 20 ao 24 de outubro, nas nosas redes sociais:
Pílulas informativas contra bulos e fake news.
Presentación dos nosos servizos gratuítos de alfabetización informacional, formacións dixital e atención tecnolóxica personalizada.
24 de outubro, 19h, na Biblioteca de Estudos Locais:
Charla "Cultura e movemento obreiro na Coruña: A biblioteca do C.E.S. Germinal (1902-1936)", con Paco Ascón e Dani Palleiro.
E ademais...

Ruta bibliotecaria: especial Día das Bibliotecas
Colle a mochila, que nos vamos de ruta bibliotecaria! Pero lévaa baleira para poder traela chea cando volvas a casa. Nas biblios prestámosche libros, xornais, revistas, pelis, discos de música, xogos... Que vas elixir ti?
Sela o noso pasaporte "Ruta bibliotecaria" nas visitas guiadas ou achégate aos mostradores das bibliotecas do 20 ao 24 de outubro para conseguir o pasaporte e o selo que acredite a túa visita.
Poderás converterte en visitante top das bibliotecas!
Que bibliotecas ofrecerán visitas guiadas e cando?
| Biblioteca Estudos Locais | Venres 24, 12h |
| Biblioteca Fórum | Martes 21, 17h |
| Biblioteca Sagrada Familia | Mércores 22, 12h |
| Biblioteca Castrillón | Mércores 22, 18h |
| Biblioteca Monte Alto | Xoves 23, 12h |
| Biblioteca Durán Loriga | Xoves 23, 17:30h |
| Punto bib. Mesoiro | Venres 24, 17h |
Visita virtualmente as bibliotecas municipais!
Podes facelo nas nosas redes sociais buscando polo cancelo #rutabibliotecaria.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible