Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Bibliotecas Municipales

Área de Fomento y Promoción de la ciudad

Ciclo temático Tradición galega en acción

Ciclo

Do 22 de setembro ao 4 de  novembro

A sala infantil da biblioteca Sagrada Familia, na súa reapertura, convértese nun espazo onde descubrir as raíces da nosa identidade cultural a través da oralidade, a historia e a creación artística co ciclo temático "Tradición galega en acción"

Un percorrido polo noso patrimonio

Propoñemos un percorrido participativo polo noso patrimonio para rapaces e rapazas de 8 a 12 anos, onde aprender xogando e desenvolver a creatividade nun ambiente de convivencia.

Invitámosvos a visitar a mostra de libros informativos e contos arredor da tradición galega. Xunto coa mostra, propoñemos tres actividades:

  • Tradición en acción: Cóntoche un traxe : os nenos e as nenas mergúllanse na tradición galega, descubrindo os traxes típicos a través da narración oral, xogos e cancións. A actividade, guiada por Montse Rivera, permite vestir réplicas de traxes e reflexionar sobre o paso do tempo e os valores culturais. Ao remate, levarán unha foto de recordo desta viaxe divertida e educativa pola nosa identidade téxtil.
  • Tradición en acción: O método regueifeiro : obradoiro sobre a regueifa, poesía oral improvisada propia da tradición galega. A través do xogo e a creación de versos, as persoas participantes desenvolverán creatividade, autoestima e rapidez mental. A sesión será guiada por Lupe Blanco.
  • Tradición en acción: Obradoiro: Conservas "O Noso" : a rapazada creará etiquetas ilustradas para latas simbólicas que gardarán elementos da tradición galega. A través da ilustración e a colaxe, fusionarán creatividade con patrimonio cultural, conectando coa historia conserveira de Galicia. Cada participante levará a súa propia "conserva cultural", como lembranza desta experiencia lúdica e identitaria.

Achegádevos a cantar, xogar e crear con nós! A tradición galega cobra vida na sala infantil da biblioteca Sagrada Familia... e vós sodes parte desta festa!

Lembra que as inscricións nos obradoiros comezan unha semana antes da data de realización.

Galería de imaxes da mostra bibliográfica

Ciclos temáticos biblioteca Sagrada Familia

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe la palabra o palabras que deseas buscar

Si lo prefieres, puedes realizar tu búsqueda combinando distintos criterios. Sólo tienes que acceder a la búsqueda avanzada

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión