Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Corazón do barrio

Tipo de actividade:

Encontros / Faladoiros / Obradoiros

Obxecto:

  • Mostrar a biblioteca coma un lugar para a formación e aprendizaxe ao longo da vida.

  • Ofrecer información e a posibilidade de participación da veciñanza ao redor dunha temática de interese na actualidade.

  • Aumentar a participación de público de diferentes idades a redor dunha mesma temática propiciando o debate e intercambio de opinións.

A quen vai dirixido?:

Todos os públicos, segundo a oferta.

De outubro a decembro.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Castrillón. Praza Pablo Iglesias. 15009 A Coruña

En que consisten Corazón do barrio?

Dende ano 2013 a Biblioteca Castrillón oferta un outono temático no que intenta poñer de manifesto a importancia da biblioteca como lugar de encontro, intercambio de inquedanzas e participación.

Este programa está destinado a toda a veciñanza e ten como liña de traballo principal manternos como "corazón do barrio" que non deixa de latexar e que intenta detectar intereses aos que poder dar resposta.

Contaremos coa presenza de persoas expertas que nos compartirán a súa experiencia e coñecemento sobre cada ciclo temático.

Cómo participar

  • Para poder participar algúns encontros requiren unha inscrición previa.
  • O prazo de inscrición ábrese unha semana antes da actividade ás 10:00 horas.
  • As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición.

Cal é a dinámica das actividades

Cada ano realízase un ciclo dun tema determinado que consta de diferentes sesións en formato de charlas, obradoiros, visitas, etc.

Temáticas tratadas outros anos

Sigue buscando actividades similares...

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios no buscador de ou Actividades nas bibliotecas busca En calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión