Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña
Utilizamos cookies propias (sesión, personalización, preferencias) para mejorar la experiencia del usuario a través del sitio web y cookies de terceros generadas por servicios o proveedores externos a la webque recopilan datos estadísticos, de uso, gustos de los usuarios, etc Aceptando todas las cookies da su consentimiento expreso para que se registren y utilicen tanto las cookies propias como las de terceros. Rechazando las cookies acepta que se utilicen exclusivamente las cookies propias para mejorar la experiencia de usuario. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de Normas de uso
Nas bibliotecas organizamos tamén actividades en torno aos xogos de mesa.
Temos varias modalidades:
Escolle e xoga na biblioteca: días de xogo libre os venres e os sábados (busca as horas exactas), sen inscrición, para vir coas túas amizades, en familia ou para coñecer novas persoas coas mesmas ganas de xogar.
Club de xogos de mesa: este club, organizado dúas veces por mes na Biblioteca Os Rosales e mediado por persoas voluntarias, está dirixido tanto á mocidade, como ás familias e persoas adultas, e permitirá coñecer unha selección de xogos de mesa da Biblioteca e xogar con eles. Para participar precísase inscrición previa.
Activa-mente: mércores de xogos na biblioteca Monte Alto. Esta actividade está dirixida a persoas maiores de 60 anos e ten como finalidade fortalecer e estimular a mente de maneira lúdica, a través da colección de xogos de mesa da biblioteca. A dinámica é quincenal: un mércores a sesión estará guiada por persoal da biblioteca e o mércores seguinte haberá sesión libre para poñer en práctica o aprendido na sesión previa.
Hoxe xogamos a...: Partidas ocasionais dirixidas e dinamizadas por especialistas no xogo.
XOGO LIBRE NA BIBLIOTECA
Venres
Sábado
Biblioteca Ágora *
en Ágora, ademáis se poderá xogar cando a aula 1 ou a 2 estean baleiras e haxa dispoñibilidade
De 17 a 20
Biblioteca Durán Loriga
De 17 a 20
De 10 a 13.30
Biblioteca Fórum
De 17 a 20
Biblioteca Os Rosales*
2º e 4º/5º sábado de mes
De 10:30 a 13:30
Biblioteca Monte Alto
De 17 a 20
CLUB DE XOGOS DE MESA (con inscrición previa)
Participantes
Sábado
Biblioteca Os Rosales*
1º e 3º sábado de mes
Familias
Mocidade
Persoas adultas
De 10:30 a 13:30
ACTIVA-MENTE (con inscrición previa)
Participantes
Mércores
Biblioteca Monte Alto*
Todos os mércores agás nos meses de verán
Maiores de 60 anos
De 11:00 a 12:30
Leva os xogos a casa
Existe a opción de levar en préstamo os xogos de mesa. Se queres saber as condicións, pica a ligazón do teu interese:
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge.
Instalar ahora un navegador compatible