Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Bibliotecas Municipales

Área de Fomento y Promoción de la ciudad

Xogos de mesa

Seccion xogos de mesa na biblioteca

Nas nosas bibliotecas temos gran variedade de xogos. Desde clásicos como o xadrez e a oca ata xogos modernos para todos os intereses. Desde xogos en solitario e cooperativos ata xogos de estratexia, de rol, de memoria... e moito máis!

Xogos para todos os gustos e todas as idades nas bibliotecas Ágora, Durán Loriga, Sagrada Familia, Fórum e Os Rosales.

Como buscar no catálogo?

Vas a unha festa con amizades e apetéceche levar un xogo? Tes vinte minutos e queres desconectar? Na sección "por contexto" dámosche as chaves para atopar os xogos que necesitas. Se o teu son os xogos de preguntas e respostas ou se prefires a estratexia ou os roles ocultos, dentro de "por mecánica" tes toda a información que precisas. Xogos de fichas, de dados, de cartas ou de taboleiro recóllense dentro de "por compoñentes".

Usa os termos "xogos de mesa" para recuperar todos os xogos dispoñibles nas bibliotecas.

Se fas unha busca e seleccionas un dos xogos que che aparecen nos resultados chegas á ficha dese xogo. Premendo no botón "máis información", poderás ver as idades recomendadas, os compoñentes do xogo, a duración das partidas e nalgúns casos, unha ligazón a un titorial en liña.

Leva os xogos a casa

Existe a opción de levar en préstamo os xogos de mesa. Se queres saber as condicións, pica a ligazón do teu interese:

Clasificación dos xogos

Ven xogar á biblioteca

13 resultados

ver más

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión